Folgas en decembro no transporte en autobús na Coruña

#CIG, UXT e CCOO anunciaron a convocatoria de catro xornadas de folga para este mes de decembro no transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada da provincia da Coruña en resposta á parálise na negociación e en demanda dun convenio colectivo "digno".


|

CIG, UGT y CCOO anuncian cuatro jornadas de huelga para este mes de diciembre en el transporte de viajeros y viajeras por carretera de la provincia de A Coruña; serán los días 5, 12, 15 y 19.
 


Segundo concretaron, o calendario de paros, acordado polas asembleas de traballadores e traballadoras "de forma unánime", dará comezo este venres, día 5, continuará o 12, 15 e 19 e "afectará a todo o servizo, excepto á Compañía de Tranvías da Coruña xa que dispón de convenio propio".

Engaden que "para darlle máis visibilidade ás súas reivindicacións", o vindeiro venres o persoal tamén se mobilizará diante das estacións de autobús da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

Así mesmo, as organizacións sindicais sinalan que "no caso de non producir avances na negociación", despois de Nadal formularán a convocatoria dunha folga de carácter indefinido. "Até lograr un convenio digno, con subidas salariais decentes e unha mellora real nas condicións de traballo", expoñen.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE