Pillado pilotando a 146 km/h nun tramo limitado a 50 en Curtis

O investigado, un home de 34 anos e veciño de Valga, recibiu o alto da Garda Civil na N-640.


|

Radar de tráfico.
Foto: EP

 

A Garda Civil de Tráfico da Comandancia de Pontevedra interceptou a un condutor que circulaba a 146 quilómetros por hora nun tramo limitado a 50 na N-640, ao seu paso por Cuntis.

Segundo informou o Instituto Armado, o radar detectou ao vehículo nunha vía onde a velocidade está limitada, por sinal específico, en 50 quilómetros por hora.

Os efectivos actuantes detiveron a marcha do turismo e do seu condutor, un home de 34 anos e veciño de Valga, e procederon á súa investigación por un suposto delito contra a seguridade viaria.

As penas a cumprir por este tipo de delitos poden chegar a ser de prisión e, en todo caso, de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores entre un e catro anos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE