Os ecoloxistas da Rede Contraminación cren que non hai que poñer todo o foco sobre Bernardo Tahoces, o director xeral de Minas de la Xunta imputado por prevaricación ambiental polas minas de San Fins, Lousame. Lamentan que queden en segundo plano "as primarias presuntas responsabilidades ambientais dos administradores das empresas mineiras". Quen son entón os empresarios? Detrás dunha maraña empresarial está o grupo Sacyr.
O anterior goberno do Grove é o único no punto de mira en Galicia ata agora na operación policial que investiga a ducia de concellos polo amaño de contratas relacionadas co tráfico.
A UDEF ten en marcha desde primeira hora unha operación contra o suposto amaño de contratos relacionados co control de tráfico. Por agora, filtráronse o nome de 22 concellos investigados.
O BNG reivindícase como "autor" do texto e critica non poder defendelo no Congreso e o PSdeG censura o seu "victimismo fóra de lugar".