O Grove é un dos concellos no punto de mira da Operación Enredadera
A UDEF ten en marcha desde primeira hora unha operación contra o suposto amaño de contratos relacionados co control de tráfico. Por agora, filtráronse o nome de 22 concellos investigados.
A UDEF ten en marcha desde primeira hora unha operación contra o suposto amaño de contratos relacionados co control de tráfico. Por agora, filtráronse o nome de 22 concellos investigados.
Miguel Ángel Pérez, alcalde do Grove, en 2014, cando se contratou o semáforo foto vermello
Entre eles hai un galego, o do Grove, segundo OK Diario. Galiciapress confirmou que o grupo de Aplicacións Gespol, a empresa epicentro da Operación Enredadera, traballou no citado Concello.
En concreto, Bilbomática instalou un Control de Foto Vermello na península pontevedresa en 2014, segundo figura nas súas redes sociais:
O Grupo Sacyr adquiriu a empresa Aplicacións Gespol ao conglemerado vasco Bilbomática en 2016.
Galiciapress contactou co Concello do Grove para dar a súa versión dos feitos. Por agora, non houbo confirmación oficial da investigación por parte da administración, aínda que figura na listaxe de concellos ao que requirirá información o xulgado número 2 de Badalona.
Inicialmente filtrouse que tamén había concellos da provincia da Coruña afectados, pero por agora non transcendeu ningún caso concreto.
En 2014, cando se instalou o foto-vermello, gobernaba no Grove o PP de Miguel Ángel Pérez. Desde 2015 goberna o PSOE de José Antonio Cacabelos.
Escribe o teu comentario