Ex-taxista galego revela malas prácticas no sector do taxi
En plena tormenta ao fío da folga de taxi en protesta pola suposta competencia deseleal de aplicacións como Cabify e Uber, un avogado coruñés, que traballou como taxista, relata a súa experiencia no sector.
En plena tormenta ao fío da folga de taxi en protesta pola suposta competencia deseleal de aplicacións como Cabify e Uber, un avogado coruñés, que traballou como taxista, relata a súa experiencia no sector.
O letrado Pablo Franco pinta un panorama de irregularidades e abusos moi diferentes ao argumentando desde as asociacións de taxistas para xustificar o seu peche patronal, manipulación de tarifas e explotación de asalariados incluída:
Algúns de vós sabedes que me saquei a carreira de Dereito mentres traballaba nun taxi. Algo dos taxis sei. Vou contar algunhas cousas politicamente incorrectas.
— pablo franco avogado (@p_a_franco) 30 de xullo de 2018
Fío vai.
Mentres, o conflito continúa, con paro en Galicia convocado desde este luns ata mañá martes a medianoite. FEGATAXI, que aúna a gran parte do sector en Galicia, e outros representantes do sector cualifican de "insuficiente" a proposta exposta este luns hoxe polo Ministero de Fomento nunha reunión.
Pola súa banda, a Administración reclama máis tempo para articular unha regulación que garanta a convivencia entre o taxi e as VTC e os taxistas reclaman medidas concretas.
Escribe o teu comentario