Descobren un cadáver nunha casa okupada na rúa Poboadores, en pleno barrio histórico de Vigo
Neste inmoble medio en ruínas do barrio histórico da cidade olívica reportouse o achado dun cadáver, motivando a apertura dunha investigación para aclarar as causas deste suceso. SUCESOLa Policía Nacional está á fronte das investigacións sobre o ocorrido nesta vivenda okupada e frecuentada por persoas sen fogar no centro da cidade viguesa.
Unhas citas policiais marcan hoxe o tétrico achado no interior do número 47 da rúa Poboadores de Vigo. Neste inmoble medio en ruínas do barrio histórico da cidade olívica reportouse o achado dun cadáver, motivando a apertura dunha investigación para aclarar as causas deste suceso.
SUCESO
A Policía Nacional está á fronte das investigacións sobre o ocorrido nesta vivenda okupada e frecuentada por persoas sen fogar no centro da cidade viguesa. Por agora mantéñense abertas todas as liñas de investigación, desde unha morte natural até un crime.
Foron os veciños do lugar os que alertaron ás autoridades, ao redor das 16 horas deste mércores, polo forte cheiro que emanaba da infraestrutura. Tras unha inspección os axentes descubriron o corpo, en avanzado estado de descomposición.
Efectivos da Policía Nacional e do Imelga traballan na escena para tratar de identificar o cadáver e tratar de confirmar as causas da morte.
Escribe o teu comentario