operación enredadera

O xuíz da Operación Enredadera recibe unha denuncia contra o ex-senador Jiménez Morán


Aumenta a vertente xudicial da Operación Enredadera en Galicia. A Garda Civil ha entregado un escrito ao xulgado de Verín no que relata as presuntas irregularidades na adxudicación de contratos á trama supostamente corruptora, informa Diario do Támega. O xuíz de Verín trasladoullo xa a Badalona, lugar onde saltou orixinalmente o caso e onde se instrúe.

Bombeiros negan falta de persoal tras empezar a reverterse a privatización

Méndez recoñece, iso se, que algúns dos traballadores temprales que cubrían baixas cando os parques xestionábanos empresas como Veicar poderían non ser subrogados, pero insiste en que non hai ningún despedimento.   Outras fontes do sector explican a Galiciapress que os temporais non foron subrogados porque non tiñan dereito legalmente  e que agora as substituciones han de ser cubertas tirando da bolsa de emprego público resultante dos procesos de selección da Administración. "Problemas de persoal cero.

O fiscal pide investigar a un cargo de la Xunta e a outro da Deputación de Ourense pola Operación Enredadera

As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade, e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no que colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.

A privatización elimina garantías para acceder a ser bombeiro

Miguel González Ucles, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, fala con Galiciapress do funcionamento dos parques de bombeiros e ofrece unha valoración sobre o que supón as informacións arroxadas pola Operación Enredadera

Unha testemuña da Operación Enredadera denunciou ante o xuíz "adxudicacións irregulares" no Grove

Segundo un documento do Xulgado de Instrución número 2 de Badalona, á luz da documentación achegada pola testemuña e as "pescudas xudiciais e policiais" practicadas, a información estaría "corroborada"


Feijóo nega ser primo do detido na Operación Enredadera, como presumía a trama corrupta

No sumario da Operación Enredadera hai polo menos dúas persoas que afirman que Gerardo Feijóo, xerente de Veicar e detido no seu día, é familiar de Alberto Nuñez Feijóo. Relación de parentesco á que a Policía deu credibilidade e que os aludidos negan en declaracións a Galiciapress.

Sumario da Operación Enredadera: indicios de enchufe nun parque da Deputación de Ourense e da Xunta

O sumario da Operación Enredadera, ao que tivo acceso Galiciapress, contén varios indicios de polo menos un suposto enchufe nun dos parques de bombeiros de Galicia. Nesta operación contra a corrupción, a Policía rexistrou a sede de Veicar -xestora de 14 parques da Xunta e as deputacións- e detivo a Gerardo Feijóo, coordinador de parques e directivo da área comercial. O investigado, en declaracións a Galiciapress, defende a súa inocencia.

Veicar, a empresa galega da Operación Enredadera, tamén participou no contrato de Poio

O Concello de Poio é un dos salpicados pola Operación Enredadera, a pesar de que xudicialmente non está a ser investigado aínda. Alí, o goberno local contratou a Gespol- Bilbomática as PDAs para a Policía Local, que non chegaron a implementarse por problemas técnicos.

A Xunta adxudica 2,3 millóns a unha empresa investigada na Operación Enredadera


Veicar, cuxa sede foi rexistrada e cuxo coordinador de parque de bombeiros detido, acaba de fornecer a Medio Rural 11 camións contra os incendios. A Xustiza pediu os contratos con esta empresa a máis de 30 concellos.

A Operación Enredadera salpica tamén ao Concello de Poio

A trama supostamente corrupta de semáforos e radares contratou tamén co Concello de Poio, segundo denuncia o PP. O alcalde do Bloque responde que non houbo irregularidades.

A Xustiza confirma que o xefe dos parques de bombeiros da Xunta non está libre sen cargos

Portavoces oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) confirmaron hoxe a Galiciapress que todos os detidos que declararon ante o xuíz da Operación Enradedera están ou en prisión ou en liberdade provisional con cargos e medidas cautelares.

A Policía rexistrou o despacho do xefe dos parques de bombeiros da Xunta, quen di estar "libre sen cargos"

A Policía rexistrou o despacho do responsable de 14 parques de bombeiros da Xunta e as deputacións durante a Operación Enradadera, que desmantelou unha trama presuntamente corrupta en 43 concellos de toda España, incluído polo menos un galego.

Detido o responsable da metade dos parques de bombeiros da Xunta

A Operación Enredadera saldouse polo menos cun detido en Galicia. Trátase dun cargo de Veicar, que é a empresa que xestiona a metade aproximadamente dos parques de bombeiros da Xunta de Galicia.

Verín acudirá como acusación na 'Operación Enredadera'

O Concello de Verín (Ourense) anunciou este mércores que se acudirá como acusación particular na causa derivada da 'Operación Enredadera', que afecta a diversos municipios do territorio nacional e que versa sobre supostos amaños en contratos de xestión policial.

Verín di que a presunta corruptora da Operación Enredadera inflou datos cando gobernaba o senador Jiménez Morán

O Grove non é o único concello galego que traballou con Bilbomática -do grupo GESPOL-, epicentro da Operacion Enredadera. O Concello de Verín tamén contratou a esta firma, segundo confirmaron hoxe fontes oficiais desta administración a Galiciapress.

O foto vermello investigado na Operación Enredadera suscitou miles de queixas

O anterior goberno do Grove é o único no punto de mira en Galicia ata agora na operación policial que investiga a ducia de concellos polo amaño de contratas relacionadas co tráfico.

O Grove é un dos concellos no punto de mira da Operación Enredadera

A UDEF ten en marcha desde primeira hora unha operación contra o suposto amaño de contratos relacionados co control de tráfico. Por agora, filtráronse o nome de 22 concellos investigados.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE