A Operación Enredadera salpica tamén ao Concello de Poio

A trama supostamente corrupta de semáforos e radares contratou tamén co Concello de Poio, segundo denuncia o PP. O alcalde do Bloque responde que non houbo irregularidades.


|

A trama supostamente corrupta de semáforos e radares contratou tamén co Concello de Poio, segundo denuncia o PP. O alcalde do Bloque responde que non houbo irregularidades.


Operacion enradedera rtve

Un dos rexistros na Operación Enredadera


Luciano Sobral asegura que non houbo "ningún tipo de fondos nin nada semellante", en declaraciónes que recolle Faro de Vigo. Responde así as sospeitas lanzadas pola oposición sobre un contrato de 2010 para a posta en marcha dunha apliación informática para a xestión de multas e trámites da Policía Local de Poio.


Os conservadores aseguran que a adxudicataria foi unha das empresas involucradas na Operación Enredadera, pero non identifican cal. Engaden, ademais, que o prometido cando se presentou o contrato non se cumpriu finalmente.


O alcalde di que facilitará á oposición a comprobación de expediente. Admite que o resultado da adxudicación non foi totalmente satisfactorio debido a cuestións técnicas, pero destaca que "está tranquilo" respecto da tramitación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE