O fiscal pide investigar a un cargo de la Xunta e a outro da Deputación de Ourense pola Operación Enredadera

As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade, e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no que colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.


|

As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.


Así figura nun escrito de abril, desvelado agora por El Diario. Galiciapress xa informou o ano pasado que a Xustiza tiña no seu punto de mira ao Consorcio, entre outros motivos por o suposto enchufe do fillo de Gerardo Feijóo como xefe do novo parque de bombeiros de O Carballiño.


Parque bombeiros verin veicar inaguraciu00f3n

Rueda, vicepresidente e responsable do tema de bombeiros na Xunta; Baltar, presidente da Deputación e outros inaugurando o parque do Carballiño, que xestiona Veicar


Feijóo, directivo da principal empresa concesionaria de bombeiros de Galicia, Veicar, foi detido e posto en liberdade con cargos ao saltar a operación o pasado outono.


Son as conversacións de Feijóo, 'picadas' pola Policía, as que o fiscal enarbora para pedir novas imputacións. A Gerardo Feijóo a Policía gravouno dicindo "eu é que, este raparigo eh non o levo comigo a ningún sitio (ininteligible) discutía co pai, porque quería vir comigo a, a xunto do Presidente da Deputación de Ourense non (...) e díxenlle non, que non o levaba, dixen que non, que eu non che levo comigo, porque eu vou alí a falar alí de cousas que non, que non se poden saber na rúa".


Gerardo Feijóo é directivo de Veicar, concesionaria de 14 parques de bombeiros públicos de Galicia. Varios deles, como o de O Carballiño, dependen dun Consorcio provincial presidido pola Deputación. Feijóo foi detido ao saltar a Operación Enredadera, o seu despacho en Veicar e domicilio rexistrados e posto en liberdade con cargos. En declaracións a Galiciapress, defendeu rotundamente a súa inocencia. Veicar sempre se negou a facer declaracións.


Noutra conversación intervida, hai indicios de que antes da adxudicación de postos en O Carballiño, Gerardo Feijóo xa sabía que o seu fillo ía conseguir o posto de coordinador, como así foi finalmente e o que suscitase xa críticas da oposición no Carballiño . A UDEF o  resumiu no sumario desta maneira:


G devolve a chamada a Celso porque estaba rodeado de xente. Coinciden que co posto  que vai ter non se debe mesturar co resto de integrantes do curso. Celso di: "o único que está seguro que vai entrar é el". Ao final da chamada Celso dille que o martes que vén quere reunirse co responsable da posta en marcha do parque de bombeiros de Carballiño e coa persoa seleccionada como futuro xefe de servizo do mesmo (****, o fillo de Gerardo). Nun momento da conversación Celso dille que "como fai as prácticas o teu fillo sen carné" ...


RAMIFICACIÓNS NA XUNTA

No referido á Axencia Galega de Seguridade, o fiscal atribúe a Feijóo e R.F.P. os presuntos delitos de prevaricación, uso de información privilexiada e fraude á administración pública, segundo o citado medio. O funcionario citado tamén negou calquera irregularidade e mesmo coñecemento do asunto, a pesar de que o seu número de teléfono aparece no sumario.


A UDEF sospeita que se puido amañar unha contratación por mor dunha chamada do cargo da Xunta por unha licitación dun seguro. O informe relata que "xa teñen o contrato preparado e Feijóo di que llo mande. R.F.P dille que sacarán unha licitación e que eles, en referencia a Feijóo, terán que facer a mesma oferta ao que el contesta que si, e que se cinguirán ao prego".


Veicar  xestiona a maioría dos parques públicos de bombeiros de Galicia. A Academia ofrece servizos de formación, cursos que son necesarios para os aspirantes para traballar de bombeiros.


Hai anos que sindicatos e opositores están a alertar da opacidade na contratación de traballadores para eses parques. A pesar de que son financiados ao 100% con diñeiro público, as concesionarias teñen man case libre para seleccionar o persoal baixo a súa responsabilidade, o que abre a porta a casos de enchufismo.


OUTRAS ADMINISTRACIÓNS SALPICADAS

Ademais da Xunta e Deputación, no sumario orixinal aparecían citados como obxectivo da trama presuntamente corrupta os municipios de O Grove, Poio e Verín. 


A policía atribuíu a Feijóo o papel de suposto 'conseguidor' ante as administracións públicas galegas. A Xustiza investiga irregularidades tanto no sector dos bombeiros, como nos dispositivos de multas (semáforos fotorojos) e aplicacións para corpos policiais, base de negocio de Bilbomática, parte do grupo GESPOL, epicentro orixinal dunha trama con ramificacións en varias autonomías. 


De feito, agora a Fiscalía sinala 85 novos presuntos delitos polos que pide abrir 25 causas separadas en administracións de León, Oviedo, Madrid e Galicia; segundo detalla iLeón.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE