Primeiro foi a Fundación Civio, que desvelou que a Administración que gobernan o PP de Baltar e Democracia Ourensá adxudicou en seis meses 55 contratos fraccionando os encargos para poder contratar a unha mesma empresa. Agora é a oposición a que denuncia o abuso sistemático deste atallo que permite a contratación a dedo, cuestión que denunciará ante o Consello de Contas.
A Fundación Civio desvela que a Administración que gobernan o PP de Baltar e Democracia Ourensá adxudicou en seis meses 55 contratos torar os encargos para poder contratar a unha mesma empresa. Así se repartiron máis de 2,3 millóns e "boa parte destes contratos déronse, sen disimulos, o mesmo día". O BNG xa pediu explicacións mentres o goberno provincial garda, por agora, silencio.
Ata 9 asesores ten o presidente da Deputación de Ourense, incluído un de "proxectos internacionais" e outra de "proxectos estratéxicos". Así figura nos nomeamentos de persoal eventual publicados polo Boletín Oficial da Provincia hai unhas semanas. Hoxe, o PSOE atacou moi duramente estes e outros nomeamentos no Concello, produto do polémico pacto entre Manuel Baltar (PP) e Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Oresana).
O recentemente elixido vicepresidente da Deputación de Ourense acumula notificacións por falta de pagamentos de impostos á Seguridade Social, Axencia Tributaria e ao propio Concello do que é concelleiro. Consultado por Galiciapress, Armando Ojea Bouzo, de Democracia Ourensá, di que é unha cuestión allea ao seu labor público.
Méndez recoñece, iso se, que algúns dos traballadores temprales que cubrían baixas cando os parques xestionábanos empresas como Veicar poderían non ser subrogados, pero insiste en que non hai ningún despedimento. Outras fontes do sector explican a Galiciapress que os temporais non foron subrogados porque non tiñan dereito legalmente e que agora as substituciones han de ser cubertas tirando da bolsa de emprego público resultante dos procesos de selección da Administración. "Problemas de persoal cero.
Desta forma, Plácido Álvarez sostivo que "Villarino vai ser un dos políticos mellor pagados de Galicia, senón o mellor".
As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade, e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no que colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.
Máis aló de Ourense, onde o culebrón dun posible derrocamento do baltarismo emite os seus primeiros capítulos, haberá poucos cambios nas deputacións galegas, que seguirán sendo socialistas. De feito, o PSdeG podería tentar gobernar en solitario nalgunhas delas, aínda que non suma a maioría absoluta en ningún caso.
A Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as catro deputacións galegas seguen traballando na definición do novo modelo dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
A Xustiza volveu a tombar un proceso de persoal da Deputación de Ourense. O Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) de Galicia rexeitou o recurso do organismo que preside Manuel Baltar. A Deputación recorrera unha sentenza que anulaba a provisión de postos de traballo de finais de 2016.
A segunda edición de Voces no Camiño arrinca o 22 de xuño na Igrexa de San Martiño de Loiro, e busca "poñer voz neses camiños esquecidos da provincia de Ourense"
O novo cadro de persoal oficial da Deputación de Ourense aumenta o número de cargos intermedios. Todos os sindicatos, menos un, deixan que Xosé Manuel Baltar incremente así a porcentaxe gasto en persoal do organismo, que dipone dunha dos maiores persoais entre este tipo de entes. Por exemplo, a Deputación de Ourense duplica en número de traballadores á da Coruña.