​10 notificacións por falta de pagamento de impostos ao novo vicepresidente da Deputación de Ourense


O recentemente elixido vicepresidente da Deputación de Ourense acumula notificacións por falta de pagamentos de impostos á Seguridade Social, Axencia Tributaria e ao propio Concello do que é concelleiro. Consultado por Galiciapress, Armando Ojea Bouzo, de Democracia Ourensá, di que é unha cuestión allea ao seu labor público.


|

O recentemente elixido vicepresidente da Deputación de Ourense acumula notificacións por falta de pagamentos de impostos á Seguridade Social, Axencia Tributaria e ao propio Concello do que é concelleiro. Consultado por Galiciapress, Armando Ojea Bouzo, de Democracia Ourensana, di que é unha cuestión allea ao seu labor público.


Galiciapress púxose en contacto co Concello de Ourense para que o político dese o seu punto de vista sobre o asunto. En particular, sobre se abonou os tributos que no seu día lle reclamaron tres administracións. Por agora, o número dous de DO garda silencio xa que, en palabras dun portavoz oficial do municipio, “nun tema que o circunscribe ao ámbito persoal”.


Armando ojea perez jacome democracia ouresana ep


Ojea, á dereita, co hoxe alcalde Pérez Jácome tras presentar en 2016 unha denuncia contra a Deputación | EP


A Axencia Tributaria publicou no Diario Oficial de Galicia tres notificacións de liquidación executiva a Armando Ojea Bouzo por tres expedientes distintos en 2006. Facenda tivo que recorrer á notificación no DOG ao resultar imposible notificar os expedientes a Ojea no seu domicilio.


Ao mesmo procedemento tivo que recorrer o Concello de Ourense por resultarlle imposible notificarlle na súa casa en dúas ocasións. A administración da que agora é concelleiro de Recursos Humanos reclamoulle a través do Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) o imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) en 2009.


CONTINUAS RECLAMACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL DURANTE TRES ANOS

En febreiro 2011, a Tesourería Xeral da Seguridade Social reclamoulle a través do BOP 302 euros; a mesma cantidade que lle reclamou en marzo dese ano. En xaneiro de 2010 a Seguridade Social reclamoulle 299 euros , mesma cantidade que lle reclamou en febreiro, en marzo, en  maio e que subiu a 302 euros en novembro. Este tipo de notificacións ao seu nome data de 2009, cando a Tesourería reclamoulle 293 euros en xuño


Falta de pagamentos de impostos provocaron que tanto Deputación como Concello tivesen que embargarlle, por orde da Axencia Tributaria, as retribucións que cobrou como cargo político a pasada lexislatura. Segundo publicou La Región, a súa débeda coa Axencia Tributaria en 2017 era de 10.226 euros.


PROFESOR DE MÚSICA

Armando Ojea é definido na web do seu partido como “o nº2 de D.Ou. no Concello, licenciado en física, profesor de música, concelleiro e deputado na Deputación, fala 12 idiomas e é dos poucos españois que coñece o  idioma étnico Wólof, de Senegal e Gambia . É ademais diletante en márketing, bioloxía e psicoloxía”.


Segundo a súa última declaración da renda publicada no a web da Deputación, en 2017 ingresou uns 32.000 euros polos que tivo que abonar uns 1.800 de IRPF; cifras similares ás da súa declaración de 2016.


Ojea foi elixido vicepresidente da Deputación este mes en virtude do polémico pacto polo que Manuel Baltar (PP) conservou o poder, a cambio de investir investir ao seu antigo inimigo acérrimo Gonzalo Pérez Jácome (D.O.)  alcalde de Ourense, a pesar de seren os de  D.O. os terceiros máis votados. 


Ojea converteuse nunha das caras máis visibles dos ourensanistas nos últimos anos, como proba que o seu partido o escollese para ser vicepresidente provincial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE