Baltar montou un concurso de 69 postos de traballo ilegalmente, ratifica a Xustiza

|

De non executar a sentenza o presidente da Deputación de Ourense cometerá un delito penal, advirte o sindicato vitorioso na denuncia pola vía administrativa, a CIG


O TSXG tombou o recurso presentado pola Deputación de Ourense contra a sentenza que anula un concurso interno desta institución do ano 2016 que contemplaba a ocupación de 69 postos de traballo.


Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (PP)


Con esta resolución da Sala de Casación do Alto Tribunal galego, o goberno provincial que preside o popular Manuel Baltar esgota a vía de recursos, xa que en abril do pasado ano, o Tribunal Supremo decretou a inadmisión do recurso presentado contra a sentecia do TSXG na que anulaba este concurso ao considerar que vulneraba os principios de igualdade e non discriminación.


CONVOCATORIA NULA Para todos os efectos

Nun auto con data do 30 de abril, o Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Ourense sinala que na sentenza de 2017 "se declabara a nulidade da convocatoria e das bases, polo que, para todos os efectos, é como non existise".

"Por tanto non pode conservarse ningún acto, desarollando en virtude dunhas bases e unha convocatoria inexistente nin, desde logo, os nomeamentos feitos ao amparo das mesmas"
, sinala o maxistrado.


VITORIA PARA A CIG

Así as cousas, o sindicato demandante, a CIG, sinala nun comunicado que, con esta decisión xudicial por parte do xulgado que ditou a primeira sentenza, a Deputación de Ourense "está obrigada" a aplicar o disposto pola xustiza e, por tanto, anular os nomeamentos desta relación de postos de traballo.

De non facelo, continúa a central nacionalista, o asunto "traspasaría os límites" da vía contencioso administrativa e o goberno provincial de Manuel Baltar "podería estar a incorrer nun delito de prevaricación".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress