Allariz será sede da xornada 'Medrar en galego' para apostar pola crianza en galego

O evento terá lugar o próximo 25 de febreiro e conta co respaldo da Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas.

 


|

O evento terá lugar o próximo 25 de febreiro e conta co respaldo da Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas.

 

"O noso deber é protexer, consentir e transmitir ás xeracións futuras o que as xeracións pasadas transmitíronnos a nós", explicou a rexedora do municipio anfitrión. 

 

20230201 Allariz 01
Foto: A Mesa

 

O próximo 25 de febreiro Allariz converterase na capital da crianza en galego. A localidade ourensá acolle esta iniciativa impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas, que promoven a xornada de 'Medrar en galego'.

 

A proposta, que contará con actividades de todo tipo e gratuítas, foi presentada en Allariz este mércores e contará cun extenso programa ese día con talleres, xogos, concertos, contos e mesmo unha feira para empresas en galego. 

 

Cartaz
Cartaz

 

Marcos Maceira, presidente da Mesa, explicou que cada vez son máis as familias que se preocupan por educar aos seus fillos e fillas en galego, especialmente despois de que os últimos estudos referisen que a poboación menor de 49 anos que fala galego aos fillos e fillas pasou do 29,43% en 2013 ao 31,83% en 2018.


"A conciencia da importancia da crianza para reverter a situación do galego aumenta, a pesar dun contexto social onde a exclusión do noso idioma permanece no sistema educativo, no lecer, na socialización, nos produtos audiovisuais e en practicamente todas as influencias externas á contorna familiar", agregou Maceira,

 

As xornadas buscan "mellorar as ferramentas" que xa empregan moitas familias e "fortalecer o uso do galego". Unha tese que tamén defende a entidade provincial, xa que o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, puxo especial énfase na defensa da lingua, mentres que María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz, agradeceu o compromiso dos promotores da xornada, un aspecto "necesario" co fin de que "o noso idioma non se perda". "O noso deber é protexer, consentir e transmitir ás xeracións futuras o que as xeracións pasadas transmitíronnos a nós", manifestou Cid. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE