PP e Democracia Ourensana "enchufan 50 asesores", nove deles só para Baltar, denuncia o PSdeG


Ata 9 asesores ten o presidente da Deputación de Ourense, incluído un de "proxectos internacionais" e outra de "proxectos estratéxicos". Así figura nos nomeamentos de persoal eventual publicados polo Boletín Oficial da Provincia hai unhas semanas. Hoxe, o PSOE atacou moi duramente estes e outros nomeamentos no Concello, produto do polémico pacto entre Manuel Baltar (PP) e Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Oresana).


|

"Familiares en postos eventuais" ocupan moitos dos postos a dedo pactados por Jácome e Baltar en Ourense, incluído persoal que traballa en teoría a Deputación pero non pisa o ente provincial, segundo denunciou este martes un deputado socialista.


Ata 9 asesores ten o presidente da Deputación de Ourense, incluído un de "proxectos internacionais" e outra de "proxectos estratéxicos". Así figura nos nomeamentos de persoal eventual publicados polo Boletín Oficial da Provincia hai unhas semanas. Hoxe, o PSOE atacou moi duramente estes e outros nomeamentos no Concello, produto do polémico pacto entre Manuel Baltar (PP) e Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Oresana).


Deputados socialistas en Ourense


NOMEADOS POR BALTAR QUE NON PISAN A DEPUTACIÓN

Entre eses asesores da Deputación figuran "asesores que non pisan a Deputación e cobran 70.000 euros ao ano" , segundo os socialistas.

O PSdeG-PSOE de Ourense criticou este martes "a Unión Temporal de Empresas" na que estiman que se converteron a Deputación provincial e o Concello da capital ourensá despois do aumento "de medio centenar de asesores entre persoal do goberno e de DO e PP, enchufados a dedo".


O NÚMERO MÁIXMO QUE PERMITE A LEI
En declaracións aos medios o deputado socialista Nacho Gómez pediu explicacións acerca de "como é posible ter os gobernos máis caros da historia de ambas as institucións e á vez os máis vagos". Unha afirmación que baseou no recente "aumento de asesores municipais ata 27, o tope máximo que permite a lei" e que o pleno do ente provincial demorarase ata o mes de setembro.

O PSOE non critica a "legalidade", pero "si a ética", incidiu, do aumento do persoal de persoal "para beneficio propio". Trátase dun incremento de "case un millón de euros" no diñeiro destinado a persoal eventual do Concello de Ourense que "van pagar todos os ourensáns", subliñou a concelleira e viceportavoz socialista, Natalia González.


"FAMILIARES EN POSTOS EVENTUAIS"
Neste sentido, Nacho Gómez pediu ao goberno de coalición que "dea contas da colocación de familiares en postos eventuais". "En ningún momento da historia do goberno bipartito do PSOE e do BNG e tampouco no do PP en minoría excedéronse os 14 postos de confianza, agora tócalles explicar por que se van a cubrir 27 postos e quen os vai a ocupar", solicitou Gómez, Antes de engadir que "mesmo existen persoas ás que Jácome non consegue colocar no propio Concello e pasan a ser asesores directos de Presidencia".

Así mesmo, Nacho Iglesias sinalou que Jácome "xa non actúa como látigo do PP", senón que agora é "compañeiro de Baltar" e "abrázase a el" para, a continuación, facer referencia ás críticas que o agora alcalde proferiu contra o goberno do PP por actuacións que "agora el mesmo repite".

RESPOSTA DE BALTAR
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, o popular Manuel Baltar, respondeu ás críticas do aumento de persoal pronunciadas polo PSOE dicindo que "a ignorancia se se executa coa falta de información e a ousadía dá lugar a un resultado ridículo".

"Nacho Gómez fala de vagancia, pero este encontro cos medios vai ser o único que faga el no mes de agosto, mentres nós desde a Deputación continuamos traballando recibindo a alcaldes e poñendo en marchas proxectos", comentou Baltar.

O presidente da Deputación restou importancia ás declaracións e limitouse a manifestar que "son típicas de quen as pronuncia", en alusión ao deputado socialista, "el mesmo que tiña unha relación especial co máximo responsable de DO, ata o punto de que algúns se preguntaban se formaba parte do seu partido", concluíu.

DEFENSA DOS FUNCIONARIOS
Outro dos puntos aos que se referiu a concelleira socialista foi a "defensa do compromiso co traballo dos funcionarios do Concello". Deste xeito, considerou "unha falta total de respecto á institución os comentarios do alcalde contra os empregados públicos".

Así mesmo, engadiu que "se non existise a capacidade e responsabilidade destes funcionarios o traballo non sairía adiante porque a clase política que pasou polo Concello nos últimos tempos deixa moito que desexar".

Por último, pediulle aos cidadáns que "non se deixen enganar pola crítica fácil de Jácome", que o "único", ao seu xuízo, que quere facer é "tapar a estafa electoral a todos os que confiaron nel ou no PP".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE