​Krohn-Dehli: "É normal que no Celta estean un pouco enfadados"

O novo xogador deportivista di que chega en forma para xogar desde o primeiro día.


|

Krohn dehli adestroKrohn-Dehli chega en forma. Foto: RC Deportivo

En plena recta final do mercado de inverno, Krohn-Dehli púxose este martes por primeira vez ás ordes de Cristóbal Parralo e con todos os seus compañeiros, no adestramento máis esixente da semana.


O xogador danés falou para a prensa tras a sesión, onde destacou que chega "ben" porque "adestrei todo o ano normal co Sevilla e xoguei bastante".


Sobre si mesmo, subliñou que non é "o futbolista máis defensivo", pero que asumiu as responsabilidades que lle marcaron outros adestradores "en moitas posicións, os últimos anos xoguei máis no mediocentro, pero tamén xoguei na banda".


Sobre o seu pasado celeste, afirmou comprender os receos chegados desde Vigo. "É normal que estean un pouco enfadados", recoñeceu, pero destacou que estivo "tres bos anos" alí e que é "a mesma persoa".


"Agora son do Dépor e vou axudar o máximo aquí. É o fútbol", subliñou. Na Coruña atopa unha situación que "non é fácil". "Só hai unha maneira e é traballar día a día e pensar partido a partido", asegurou.


Tamén se referiu á súa ilusión por ir ao Mundial: "Non estou aquí por iso, creo que todos os xogadores queren xogar co seu selección. Despois da lesión non volvín, pero primeiro toca render aquí e despois virán outras cousas".


PANTILIMON VAISE


E no capítulo de saídas, Costel Pantilimon é o próximo en abandonar a disciplina branquiazul. Tal e como sinalan varios medios, o porteiro regresa ao seu club de orixe, o Watford, do que chegou cedido. Con todo, apuntan tamén que o seu destino será o Nottingham Forest, que adestra Karanka.


relacionada ​Krohn-Dehli reforzará o centro do campo do Dépor se os xeonllos non llo impiden

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE