​Krohn-Dehli reforzará o centro do campo do Dépor se os xeonllos non llo impiden

O Dépor anuncia a chegada do internacional danés, que perdeu o seu sitio no Sevilla por dous lesións graves.


|

Krohn deli andoneKrohn-Dehli xogou en decembro contra o Dépor. Foto: RC Deportivo

O centrocampista internacional danés Michael Krohn-Dehli chega este luns á Coruña para pechar a súa fichaxe polo Dépor, tal e como informa o club herculino na súa web.


"Despois do acordo co seu equipo de procedencia, o Sevilla Fútbol Club, queda pendente que supere o recoñecemento médico ao que será sometido á primeira hora da tarde no Hospital HM Modelo para pechar a súa incorporación á disciplina branquiazul polo que resta de temporada e unha máis", explica o Dépor.

Krohn-Dehli deixa o Sevilla despois de dúas temporadas e media nas que a súa participación no equipo foi de máis a menos, a raíz de dúas lesións graves: unha fractura da rótula do seu xeonllo esquedo en abril de 2016 e a rotura do menisco da dereita en xaneiro de 2017.


En total, no Sevilla, Krohn-Dehli disputou 68 partidos, marcando 5 goles e dando 9 asistencias. Marcha co título de campión da UEFA Europa League da 15/16.


relacionada ​O Dépor bota por terra en catro minutos o traballo de todo o partido
relacionada ​Borges: "Necesitamos todos unha vitoria"
relacionada ​Augusto Fernández dille 'non' ao Dépor para ir a China

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE