Borges: "Necesitamos todos unha vitoria"
Rexeita empezar a facer contas sobre en que número estará este ano a salvación.
Borges só contempla unha vitoria ante o Levante. Foto: RC Deportivo
O Dépor, tocado no deportivo e no anímico pola clasificación e a goleada ante o Real Madrid, trata de levantar cabeza. Este xoves, Celso Borges, un dos capitáns, destacou as ganas do persoal por vencer ao Levante, un rival directo na pelexa.
"Necesitamos todos unha vitoria", afirmou o 'tico', pensando nos xogadores e na afección, para a que aspira a ser "un equipo do que sentirse orgulloso".
Para o seguinte partido, as predicións do equipo pasan unicamente por sacar tres puntos na casa. "Todos os escenarios que imaxinamos é saíndo vitoriosos", explicou Borges. Con todo, tamén destacou que non tirarían a toalla se o resultado lles é adverso.
En canto ao xogo, Borges cre que poden mellorar en intensidade e á hora de facer faltas "sen ir rebentarlle a cabeza a ninguén".
O cambio de rumbo traeríao, na súa opinión, entrar na dinámica das vitorias. E con respecto á clasificación, rexeita facer contas sobre en que cifra quedará este ano a salvación.
Escribe o teu comentario