Cristóbal bota a Çolak do adestramento pola súa actitude
Mandou un balón a outro dos campos de adestramento de Abegondo.
Çolak no terminó la sesión. Foto: RC Deportivo
A crise futbolística do Dépor acaba por afectarlle, inevitablemente, ao vestiario. Coa enganchada entre Arribas e Andone aínda na memoria, a cidade deportiva de Abegondo viviu este martes outro episodio de tensión, que rematou con Emre Çolak na ducha antes de tempo.
Nesta ocasión, o propio Cristóbal Parralo enfadouse co xogador, que enviou o balón a outro dos campos de adestramento, ante o que o técnico lle reprochou a súa actitude. Os presentes na sesión escoitaron as palabras do adestrador: "Tes algún problema? Se non queres adestrar pódes marchar", espetoulle.
A cadena SER conta que despois da malleira recibida ante o Real Madrid, o turco pediulle permiso ao técnico para quedar na capital no seu día libre, pero tivo que volver obrigado co resto dos xogadores á Coruña.
O que terminou o seu primeiro adestramento foi Eneko Bóveda, que atendeu ao final aos medios de comunicación. O lateral contou que o Dépor foi o equipo que mostrou "máis interese" por el. Iso e a posibilidade de minutos fixéronlle decantarse.
Recoñeceu que falou con Gaizka Garitano "e todo o que me dixo é bo. É unha persoa da que especialmente me fío por como é".
Ademais, mostrouse consciente de que "debemos pelexar por ese obxectivo humilde que é a salvación". Así, insiste en centrarse no seguinte partido contra o Levante. "Que ninguén menosprece o Levante por ser un recentemente ascendido, non nos van regalar nada", advertiu.
Escribe o teu comentario