A Deputación de Ourense, líder en España en contratos partidos para poder ser adxudicados "a dedo"
A Fundación Civio desvela que a Administración que gobernan o PP de Baltar e Democracia Ourensá adxudicou en seis meses 55 contratos torar os encargos para poder contratar a unha mesma empresa. Así se repartiron máis de 2,3 millóns e "boa parte destes contratos déronse, sen disimulos, o mesmo día". O BNG xa pediu explicacións mentres o goberno provincial garda, por agora, silencio.
A Fundación Civio desvela que a Administración que gobernan o PP de Baltar e Democracia Ourensá adxudicou en seis meses 55 contratos fraccionando os encargos para poder contratar a unha mesma empresa.
Así se repartiron máis de 2,3 millóns e "boa parte destes contratos déronse, sen disimulos, o mesmo día". O BNG xa pediu explicacións mentres o goberno provincial garda, por agora, silencio.
Baltar saúda a Jácome no pleno no que líder localista permitiu a reinvestidura do presidente do PP de Ourense
O portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, esixiu este luns explicacións ao secretario e ao interventor da institución provincial, gobernada polo popular Manuel Baltar, ante un informe da Fundación Civio que a sinala como a administración pública española con máis concesións de contratos públicos "a dedo", un total de 55 casos que suman case 2 millóns de euros.
A PARTIR DE CERTO DIÑEIRO, HAI QUE FACER CONCURSO PÚBLICO
O informe, que se basea en datos da Plataforma de Contratación do Sector Público, afirma que a Deputación de Ourense é a administración "con máis fraccionamentos de contratos menores" de forma que incumpre o artigo 118 da lei de contratos, "unha das formas clásicas de corrupción", segundo a organización.De acordo co informe, a lei establece que "está prohibido asinar máis dun contrato coa mesma empresa se, sumados, superan os límites dos contratos menores: 15.000 euros para subministracións e servizos e 40.000 para obras".
O BLOQUE PIDE CONTAS AOS FUNCIONARIOS QUE DEBEN REVISAR ESES CONTRATOS
En concreto, Fundación Civio afirma que a institución incumpriría esta norma en 55 contratos, os cales suman unha cantidade de case 2 millóns de euros e "boa parte deles déronse, sen disimulos, o mesmo día".Por todo iso, Bernardo Varela demandou un "pronunciamento áxil e contundente dos servizos de secretaría e intervención" da Deputación para "esclarecer a situación que non fai máis que menoscabar a institución".
ADXUDICACIÓNS BAIXO SOSPEITA
Segundo a citada Fundación, "15 deses contratos foron a Construcións e Almacéns Manuel Viso." O ente explica que "cinco deles, por exemplo, adxudicáronse o mesmo día, o 2 de abril de 2019" por "cantidades que van entre os 39.500 euros e os 39.973 euros", xusto no límite legal para que estas obras non teñan porqué saír a concurso aberto. Outra sociedade que recibiu numerosos contratos deste xeito é Camiños de Ourense, "sete o mesmo día".
"Esta administración pública conta, ademais, cunha cifra favorita. Dos 55 contratos de 2019 que incumpren a norma, 31 adxudicáronse por 39.669,42 euros, nin un céntimo máis nin un menos", ironiza Civio.
Escribe o teu comentario