Competencias dixitais: AMTEGA abre o período de inscrición este 4 de maio

Na plataforma de teleformación da Rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba


|

 

Inauguración del curso de capacitación digital en la EGAP
Inauguración dun curso de capacitación dixital

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá este luns, 4 de maio, o período de inscrición para que 1.259 persoas obteñan a Certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de Iniciación.

Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, as probas faranse en 46 localidades con aula CeMIT e a convocatoria está aberta a toda a cidadanía, coa finalidade de acreditar os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional.

As probas realizaranse os días 17,18 e 19 de xuño, repartidas en 98 quendas que abarcan diferentes horarios de mañá (ás 10.00 e ás 12.00 horas) e de tarde (16.30 horas).

Con respecto ás datas e lugares concretos, pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a información sobre a tramitación e inscrición neste proceso.

Igualmente, na plataforma de teleformación da Rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as cinco áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de Competencias Dixitais.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE