Emocionante homenaxe á asasinada Cristina Cabo con miles de persoas aplaudindo nas rúas de Lugo (vídeo)

A comunidade colombiana de Lugo, que axudou á Policía na localización do detido, organiza outra homenaxe. En concreto, o acto terá lugar o domingo ás 12,00 horas na Praza Maior da cidade da muralla, segundo difundiron en redes sociais.


|

A convocatoria da Plataforma Feminista de Lugo foi un éxito rotundo. Varios miles de lucenses encheron a Praza Mario da cidade para render homenaxe á súa veciña, que era tamén activista feminista. 

 

Hai outra concentración de repulsa convocada pola comunidade colombiana este fin de semana. O asasino confeso, José Valencia Silva, é inmigrante colombiano. Vox Lugo relacionou inmediatamente o crime coa inmigración e pediu a expulsión inmediata de todos os inmigrantes sen papeis

 

O delito non está a ser tratado por agora como un caso de violencia de xénero. Cabo e Valencia coñecéronse esa mesma noite nun local de lecer nocturno e, ademais, a Policía atopou na casa del aparellos presuntamente roubados do domicilio da comerciante.

 

Ademais de Lugo cidade, houbo concentracións noutros lugares da provincia e tamén nalgunhas cidades galegas como Vigo.

 

 

 

Mujeres en el homenaje a Cristina Cabo en una foto de la Plataforma Feminista de Lugo
Mulleres na homenaxe a Cristina Cabo nunha foto da Plataforma Feminista de Lugo

Convocadas pola Plataforma Feminista de Lugo, un milleiro de persoas concentráronse ás 20,00 horas na Praza Maior da cidade luguesa para manifestar o seu pesar pola morte da muller de 42 anos, que era moi coñecida en Lugo, onde rexentaba un negocio.

A manifestación, na que participaron representantes políticos de todas as forzas da cidade coa alcaldesa, Lara Méndez, á cabeza, encheu boa parte da praza onde se sitúa a sede do consistorio local, chegando mesmo a penetrar pola rúa da Raíña.

Os asistentes, que corearon proclamas como 'autodefensa feminista', gardaron un minuto de silencio en memoria de Cristina Cabo, á que, nun texto lido durante a concentración, lembraron pola súa implicación na vida da cidade e en causas sociais. Despois a Praza Maior estalou nun longo e prolongado aplauso:

 



A ALCALDESA MÉNDEZ: "O FOCO, SON Os QUE ASASINAN"
"O foco, non o esquezamos nunca, son os que nos asasinan", incidiu a rexedora luguesa, Lara Méndez, en declaracións aos medios difundidas tras a concentración, nas que instou a permanecer "firmes" como sociedade e "non dar un paso atrás na loita contra a violencia machista" 

"As mulleres somos libres e debemos poder exercer a nosa liberdade sen medo. E, para iso, debemos ser contundentes e actuar contra todo tipo de violencias machistas desde todos os ámbitos, desde a educación e a concienciación social, coa lexislación ne a man e coas forzas de seguridade", incidiu Méndez, que trasladou a súa pesar e o de toda a institución á familia e achegados de Cristina Cabo.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE