As investigacións da trama Enredadera en Galicia avanzan, aínda que lentamente. A Fiscalía solicita ao xuíz de instrución que chame a declarar como investigados a R.F.P, directivo da Academia Galega de Seguridade, e ao xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense; ente no que colaboran Xunta, concellos e Deputación e cuxa presidencia depende da administración de Manuel Baltar.
Miguel González Ucles, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, fala con Galiciapress do funcionamento dos parques de bombeiros e ofrece unha valoración sobre o que supón as informacións arroxadas pola Operación Enredadera
Segundo un documento do Xulgado de Instrución número 2 de Badalona, á luz da documentación achegada pola testemuña e as "pescudas xudiciais e policiais" practicadas, a información estaría "corroborada"