A Xustiza confirma que o xefe dos parques de bombeiros da Xunta non está libre sen cargos
Portavoces oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) confirmaron hoxe a Galiciapress que todos os detidos que declararon ante o xuíz da Operación Enradedera están ou en prisión ou en liberdade provisional con cargos e medidas cautelares.
Portavoces oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) confirmaron hoxe a Galiciapress que todos os detidos que declararon ante o xuíz da Operación Enradedera están ou en prisión ou en liberdade provisional con cargos e medidas cautelares.
Inaguración do parque de bombeiros de Vilalba, un dos 14 que xestiona Veicar
Isto contradi a versión de Gerardo Feijóo. O responsable dos parques de bombeiros da Xunta declarou a La Región que, tras explicar o contido das conversacións intervidas ante o xuíz de Badalona, deixárono en "liberdade sen cargos".
Galiciapress pediu de novo a Veicar, a concesionaria da Xunta onde Feijóo é responsable de 14 parques públicos, a súa versión dos feitos e a do detido, sen recibir resposta ata agora.
MEDIDAS CAUTELARES
Nunha nota do TSJC especifícase que "do total de detidos postos a disposición xudicial, o maxistrado ha acordado catro ingresos en prisión (provisional, comunicada e sen fianza) e liberdade provisional con medidas cautelares para o resto". O directivo de Veicar estaría no segundo grupo, con medidas cautelares "como retirada de pasaporte e personaciones periódicas ante a autoridade xudicial".
A instrución da Operación Enredadera segue baixo segredo de sumario.Á espera de que se individualicen os cargos, aos 15 detidos investígaselles polos supestos delitos de prevaricación administrativa, fraude á administración pública, malversación de caudais públicos, tráfico de influencia, revelación de información privilexiada, falsidade documental, suborno, alteración de prezos de concurso público e pertenza a organización criminal.
VERÍN SE PERSOA NO PREITO
O sumario está dividido en tres pezas: centradas en León, Astorga e Badalona. Ningunha en Galicia, onde ata agora só se requiriu documentación ao Grove.
Verín anunciou que se presentará como acusación particular. Tanto en Verín como no Grove, Veicar, a empresa na que é directivo Feijóo, e Bilbomática, a matriz do epicentro da trama Gespol, compartiron unha UTE.
CONEXIÓN COA GURTELL
Estas dúas UTEs xestionaron con contratos públicos semáforos e multas nestes dous concellos, ata que novos gobernos locais paralizaron as adxudicacións, entre outros motivos por parecerlles excesivo o volume de multas que se poñían a través dos novos dispostivos.
Un dos detinidos que seguen en prisión é José Luís Urribari, empresario leonés que xa foi realicionado coa trama Gürtell.
Na Operación houbo 55 entradas e rexistros en diversas comunidades autónomas, 19 requirimentos de información e unha cincuentena de detidos. Afecta a políticos de PP, PSOE e Cidadáns; aínda que en Galicia os contratos asináronse con gobernos do PPdeG.
Veicar xestiona a metade dos aproximadamente 30 parques que ten a Xunta, incluído o de Verín. Ata agora, o coordinador destas instalacións subcontratadas era Feijóo.
Escribe o teu comentario