Detido o responsable da metade dos parques de bombeiros da Xunta
A Operación Enredadera saldouse polo menos cun detido en Galicia. Trátase dun cargo de Veicar, que é a empresa que xestiona a metade aproximadamente dos parques de bombeiros da Xunta de Galicia.
A Operación Enredadera saldouse polo menos cun detido en Galicia. Trátase dun cargo de Veicar, que é a empresa que xestiona a metade aproximadamente dos parques de bombeiros da Xunta de Galicia.
Protesta de bombeiros da Xunta subcontratados a Veicar / CIG
Gerardo Feijóo Feijóo figura na lista de detidos, segundo o auto xudicial que cita iLeon. As súas comunicacións foron intervidas como parte da investigación á trama que presuntamente corrompía a concellos para instalar semáforos e radares a cambio de subornos.
A EMPRESA GARDA SILENCIO
Galiciapress contactou esta mañá con Veicar para que o detido e a empresa puidesen dar a súa versión dos feitos. "Desde Veicar non se fan declaracións sobre este tema", foi a resposta.
Veicar xestiona 14 parques de bombeiros públicos. En Galicia existen pouco máis de trinta destas instalacións, sendo pois esta empresa a principal subcontratista do sector.
O DETIDO É XERENTE OuUXESTOR DOS PARQUES DE BOMBEIROS
Gerardo Feijóo é a persoa responsable da xestión destes parques ou xerente de Veicar, segundo apuntan varias fontes do sector de emerxencias. Aínda que non figura como directivo no rexistro mercantil, Feijóo aparece por exemplo entre o equipo negociou o convenio colectivo.
En Galicia hai por agora dous concellos salpicados pola Operación Enradadera: O Grove e Verín. Ao Grove a Xustiza xa lle pediu documentación e en Verín pode suceder o mesmo, tendo en conta que foi a propia administración quen paralizou contrátaa ao detectar irregularidades.
DÚAS FILIAIS EN BERGONDO
No Rexistro Mercantil foron rexistradas Bilbomatica Veicar Verin Ute e Bilbomatica Veicar O Grove Ute. Teñen domicilio social nun polígono de Bergondo ( A Coruña), onde ten a súa sede principal Veicar. Cando saltou a Operación Enredadera, a Xustiza informou dun rexistro nesta provincia.
Ningún dos detidos ingresou en prisión, pero quedaron en liberdade con cargos. As acusacións son graves: prevaricación administrativa,fraude á administración pública, malversación de caudais públicos, tráfico de influencias, revelación de información privilexiada,falsidade documental, suborno, alteración de prezos de concursopúblico e pertenza a organización criminal.
VEICAR, PRINCIPAL E POLÉMICA ADXUDICATARIA DOS BOMBEIROS GALEGOS
Na hemeroteca, o nome de Gerardo Feijóo salta o ano pasado, cando a oposición denunciou o presunto enchufe do seu fillo no parque de bombeiros do Carballiño.
Ese é o último parque inaugurado en Galicia e que xestiona Veicar. Esta compañía é a que leva maior parte do pastel tras impulsar a Vicepresidencia da Xuna a subcontratación deste servizo. Veicar viuse envolta en polémicas polas condicións laborais dos bombeiros.
FESTIVAL DE MULTAS
O presunto modus operandi da trama pasaba por instalar radades e semáforos foto-vermellos en lugares onde non sempre eran necesarios. Xustificábano con informes de sinestrabilidade presuntamente inflados. Para lograr contrátas, subornaban supostamente a policías locais e cargos de concellos.
Contrátas iniciais eran tan pequenas que moitas veces non facía falta nin concurso, pero o negocio estaba nas numerosas multas que poñían os novos equipos, que xestionaban as empresas da trama. O volume de multas no Grove e Verín, por exemplo, foi tal que suscitou protestas cidadás e os novos gobernos do PSOE retiráronos, foran instalados por gobernos liderados polo
VICEPRESIDENCIA CONFIRMA QUE VEYCAR XESTIONA 14 PARQUES
Galiciapress contactou coa Vicepresidencia para ofrecer a súa valoración. A Administración respondeu ás poucas horas, rapidamente, indicando que a empresa VEYCAR ten contrato para a xestión dos Consorcios provinciais, xestionados entre a Xunta e as respectivas deputacións. A Xunta engade que a" presidencia de todos eles corresponde nestes momentos ás deputacións provinciais".
Dos 14 dos 24 parques de bombeiros públicos que xestiona Veycar, 7 están na provincia de A Coruña, 3 en Lugo e 4 en Ourense; según datos de Vicepresidencia.
Escribe o teu comentario