Veicar, a empresa galega da Operación Enredadera, tamén participou no contrato de Poio
O Concello de Poio é un dos salpicados pola Operación Enredadera, a pesar de que xudicialmente non está a ser investigado aínda. Alí, o goberno local contratou a Gespol- Bilbomática as PDAs para a Policía Local, que non chegaron a implementarse por problemas técnicos.
O Concello de Poio é un dos salpicados pola Operación Enredadera, a pesar de que xudicialmente non está a ser investigado aínda. Alí, o goberno local contratou a Gespol-Bilbomática as PDAs para a Policía Local, que non chegaron a implementarse por problemas técnicos.
Ao saltar a operación, o alcalde, do BNG, prometeu total transparencia e negou calquera irregularidade. Ao acceder ao expediente do contrato, a oposición do PP acaba de descubrir que non só aparecen as citadas compañías, senón tamén Veicar.
Luciano Sobral, alcalde de Poio
O PP VE DEMASIADAS CONCIDENCIAS CO MODUS OPERANDI DA TRAMA
Veicar é unha empresa galega que en teoría nada ten que ver cos PDAs, pois se dedica sobre todo a subministar vehículos de emerxencias e xestionar parques de bombeiros. Con todo, tamén aparece como socio de Bilbomática nos contratos de semáforos que a Xustiza investiga no Grove.
A sede desta empresa foi rexistrada o día que saltou a operación. O seu responsable de parques de bombeiros -xestiona 14 da Xunta e deputacións-, Gerardo Feijóo, foi detido e quedou libre pero con cargos.
O PP de Poio ve demasiadas coincidencias con outras presuntas corruptelas no punto de mira do xuíz. Entre elas, "varias empresas, a data de contrato en 2010, xusto o ano en que comezan as actividades investigadas; a prestación de supostos servizos tecnolóxicos e a subministración de equipos e aplicacións á Policía Local, e, por último, o feito de que o contrato, despois de asinarse, anunciarse e pagarse, nunca se puxese en práctica".
Nunha nota, os conservadores destacan que "o procedemento de contratación fíxose cun procedemento negociado sen publicidade" e o pago por vía de urxencia. Foron 40.000 euros a pesar de que os dispositivos aínda hoxe seguen sen usarse.
Escribe o teu comentario