Verín di que a presunta corruptora da Operación Enredadera inflou datos cando gobernaba o senador Jiménez Morán

O Grove non é o único concello galego que traballou con Bilbomática -do grupo GESPOL-, epicentro da Operacion Enredadera. O Concello de Verín tamén contratou a esta firma, segundo confirmaron hoxe fontes oficiais desta administración a Galiciapress.


|

O Grove non é o único concello galego que traballou con Bilbomática -do grupo GESPOL-, epicentro da Operacion Enredadera. O Concello de Verín tamén contratou a esta firma, segundo confirmaron hoxe fontes oficiais desta administración a Galiciapress.


VERSIÓN DO ACTUAL GOBERNO DE VERÍN

Iso si, destacan que foi o actual goberno local quen rescindiu a relación coa empresa presuntamente corruptora. Fíxoo ao herdar un contrato de 2014 con Bilbomatica Veicar Verin Ute  no que din atoparon "cousas irregulares".


Así, sinalan, entre outros aspectos, que para facerse co contrato presentou "un estudo totalmente surrealista" con "estatísticas de siniestrabilidade falsas", segundo demostrou outro estudo encargado a posteriori polo novo executivo local.


Ao rescindir o contrato, a empresa reaccionou cunha denuncia. O preito está aberto, reclamando a firma 900.000 euros. A noticia de que esta compañía presuntamente inflaba datos para sacar partido de adxudicacións amañadas favorece loxicamente as posibilidades do Concello de Verín de saír vencedor do preito.


Portavoces oficiais aseguran que por agora non recibiron ningunha notificación do xulgado de Badalona que tramita a Operación Enredadera. En caso de recibila, o alcalde prevé dar rolda de prensa.


NO GROVE TAMÉN HERDARON O CONTRATO DUN GOBERNO DO PP

Si a recibiron ou a van recibir no Grove, único municipio galego involucrado ata agora. Nese concello, o novo goberno tamén parou a concesión dos polémicos semáforos que multaban, contrato herdado do anterior executivo local.


Tanto en Verín (Gerardo Seoane) como no Grove  (José Antonio Cacabelos) agora goberna o PSOE. Cando se contratou coa trama que presuntamente corrompeu a 44 concellos de toda España, gobernaba o PPdeG: Miguel Ángel Pérez no Grove e o hoxe senador por designación autonómica Juan Manuel Jiménez Morán en Verín.



JimenezMorn

Jiménez Morán, ex-alcalde de Verín e senador


En Galicia, o grupo que supostamente pagaba mordidas a cargos públicos a cambio de contratos opera polo menos dúas UTES, compartindo domicilio social nun polígono de Bergondo (A Coruña). Son Bilbomatica Veicar Verin Ute e Bilbomatica Veicar O Grove Ute.


A Xustiza sospeita que a empresa colocaba, por exemplo, radares ou semáforos que multan en lugares completamente innecesarios. Iso foi o que prescisamente denunciaron miles de interanautas do Grove en change.org. Para a estafa, contaban coa colaboración de policías locais ou cargos electos nos concellos.

relacionada O foto vermello investigado na Operación Enredadera suscitou miles de queixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE