O PP galego cre que ninguén pode dubidar que Rajoy é honrado e a oposición pide a súa cabeza
O paso adiante de Pedro Sánchez presentando unha moción de censura marca tamén a vida política galega. O PSdeG, loxicamente, pide a marcha de Rajoy, como tamén fai Martiño Noriega -un dos alcaldes das mareas- e o BNG -que lembra os orixes galegas da Gürtel. No PP galego, pola súa banda, hai certa ambibalencia. Por unha banda defenden ao seu líder pero por outro admiten que o partido debe pedir desculpas.

Así, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, admitiu este venres sentir "vergoña" tras asentencia da 'Gürtel', á vez que defendeu que o partido ten que pedir "desculpas", pero tamén trasladou o "respaldo claro" da formación que lidera Alberto Núñez Feijóo ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
DEFENSA DE RAJOY A ATAQUES Á OPOSICIÓN
"Ninguén pode dubidar da súa honradez e honorabilidade", sentenciou, á vez que rexeitou "leccións" do PSOE e considerou "sorprendente" que o "renovador" Pedro Sánchez sexa o que presente unha moción de censura, cando "ten a Manuel Chaves e José Antonio Griñán sentados no banco" polos ERE de Andalucía.
Preguntado acerca da postura de Cidadáns, suxeriu que sería "bo" que un dirixente "tan importante como Villegas se informe", dado que non se poden convocar eleccións xerais unha vez que foi rexistrada a moción de censura. Engadiu que aos populares galegos "non lles sorprendería" que Cs "quixese facer presidente a Sánchez", debido a que "xa" o tentou "antes".
É FEIJÓO CANDIDATO A UNHA EVENTUAL SUCESIÓN DE RAJOY?
Á marxe das eleccións, acerca de se o seu partido debería emprender unha renovación canto antes, dixo que "renovarse é unha obrigación" para todas as formacións políticas. Iso si, recalcou que "o PP ten que medir os seus tempos" e non deixar que os impoñan Cs ou o PSOE.
Sobre a presenza de Feijóo nas 'quinielas' de sucesión, esgrimiu que o presidente autonómico "ten un compromiso con Galicia" ata 2020 que "está disposto a cumprir ata o último minuto". Preguntado acerca de se o seu perfil sería o adecuado para liderar a renovación no PP, rexeitou posicionarse "sobre futuribles".
Pablo Crespo, condenado como número dous da trama Gürtel, cando era número 3 do PPdeG
Escribe o teu comentario