O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Salvo gran sorpresa tamén haberá continuidade no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas.
Dentro da súa serie de entrevistas electorais, Galiciapress entrevista ao número 2 do PPdeG. Miguel Tellado chama aos seus compañeiros a non relaxarse ante as enquisas, aínda que tira delas para afirmar que Feijóo necesita a maioría absoluta porque nin Vox nin Cs entrarán no Parlamento. Os recentes rebrotes de coronavirus, o seu futuro político e o de Alcoa San Cibrao -para a que considera falaz o debate sobre a nacionalización- son outros puntos desta conversación co secretario xeral dos conservadores galegos.
Utilizan as institucións públicas para a confrontación co goberno de España”, denunciou onte Caballero. Segundo pódese comprobar agora en Twitter, o post do número 3 do PPdeG Miguel Tellado segue publicado, pero non así o retwitt de Turgalicia.
A recta final da campaña electoral en Galicia acendeuse pola polémica intervención de Tellado nun mitin do PP. O secretario conservador pide desculpas tras tentar reducir todo a unha simple metáfora, pero insiste en que votar a Vox favorece ao PSOE. Abascal reacciona chamándolle "sicario de Feijóo", o seu partido pide que a Xustiza interveña e mesmo Cidadáns mete baza, como tamén fai o PSdeG.
O paso adiante de Pedro Sánchez presentando unha moción de censura marca tamén a vida política galega. O PSdeG, loxicamente, pide a marcha de Rajoy, como tamén fai Martiño Noriega -un dos alcaldes das mareas- e o BNG -que lembra os orixes galegas da Gürtel. No PP galego, pola súa banda, hai certa ambibalencia. Por unha banda defenden ao seu líder pero por outro admiten que o partido debe pedir desculpas.
O portavoz da confluencia deulle unha semana a Paula Quinteiro, a deputada implicada en barullo coa Policía, para dimitir. Os conservadores tómanlle a palabra a Luís Villares e prognostican que se marchará Quinteiro do grupo parlamentario acompañada doutros anticapitalistas, ou quen dimitirá será o propio Villares. Mentres, desde ANOVA pídese tranquilidade ante unha situación interna moi tensa.
O secretario xeral do PPdeG defende a viaxe a Israel, ante as críticas da oposición. "Seguen avergoñados e pensan que nós actuamos coma eles", afirma.
Miguel Tellado espera superar en 2019 o castigo recibido nas pasadas municipais.
O dirixente do PPdeG acusa ao partido laranxa de querer "ser o PP" e de carecer de "proxecto para Galicia".
En Santiago, Miguel Tellado defendeu que "as comunidades autónomas teñen unhas cotas de autogoberno altísimas que estados federais non teñen".
Tellado di que os herdeiros do ditador deberían devolver o pazo e que a Fundación debería disolverse, pero que é legal.
Os catro primeiros parágrafos foron copiados literalmente dunha peza de El Español de 2016 sobre o gas natural licuado.
Tellado afirma que tras a Semana Santa o líder popular volverá saír á rúa, aínda que cunha fórmula distinta á campaña das autonómicas.