O ourensán Santalices (PPdeG) repite como presidente do Parlamento de Galicia
O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Salvo gran sorpresa tamén haberá continuidade no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas.
O cargo de Santalices é a única concesión de poder que Feijoo outorgou ao baltarismo a pasada lexislatura e decidiu mantela. Tampouco hai sorpresa no liderado do grupo parlamentario conservador, onde Puy Fraga, uno os homes máis próximos a Feijóo, seguirá levando as rendas, escoltado por Tellado.
Santalices, deputado autonómico desde a V Lexislatura, asumiu por primeira vez a Presidencia da Cámara en xaneiro de 2016 para relevar a Pilar Rojo, tras saír ela elixida como deputada do Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de decembro de 2015.
Así, Feijóo depositou, unha vez máis, a súa confianza no ourensán, e fíxoo tamén con Diego Calvo, que por primeira vez foi vicepresidente da Cámara na lexislatura pasada.
RECOMPENSA PARA CORINA PORRO
Os dous cargos restantes no órgano reitor da Cámara autonómica corresponden á oposición. Así, Montse Prado ocupará a vicepresidencia segunda en representación dos 19 escanos obtidos polo BNG e o PSdeG colocará, cos seus 14 deputados, a Mariña Ortega como vicesecretaria segunda.
En canto á dirección do grupo, Pedro Puy seguirá como portavoz e contará con tres viceportavoces: Miguel Tellado, secretario xeral do partido, xunto con Elena Candia e Paula Prado.
Escribe o teu comentario