​O PPdeG anuncia cambios nas listas para as principais alcaldías

Miguel Tellado espera superar en 2019 o castigo recibido nas pasadas municipais.


|

Tellado cidadesTellado, con responsables locais en 2017. Foto: PPdeG


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou que os populares preparan cambios nas candidaturas das cidades para as eleccións municipais do próximo ano, nas que esperan recuperar "a confianza" perdida nos comicios de 2015, cando só lograron facerse coa alcaldía de Ourense.


Tellado foi entrevistado na mañá deste sábado na Radio Galega. Alí, limitouse a responder que o PP "si" que estuda reconfigurar as listas nas urbes para lograr un mellor resultado dentro dun ano e medio, aínda que non quixo entrar en máis detalles.


"Do que se trata é de ser capaces de elixir os mellores equipos que acompañen a eses candidatos e elaborar proxectos de futuro para cada unha desas cidades", remarcou Tellado, que fixou como reto recuperar os gobernos das sete urbes galegas, así como as catro deputacións.


Así, tras admitir que o PP tivo un "problema" nas eleccións de 2015, indicou que os populares "xa pagaron nas urnas o desgaste de determinados casos de corrupción".


"Eu estou seguro de que neste partido non estivemos á altura das circunstancias e probablemente non actuamos coa contundencia que a cidadanía reclama fronte a determinados casos", recoñeceu.


relacionada ‘Ferrol en Común’ anuncia a súa candidatura ás eleccións municipais
relacionada O BNG terá nomeados os seus principais candidatos o 25 de xullo
relacionada Leiceaga descártase como candidato á alcadía da capital
relacionada Noriega decidirá no verán se repetir como candidato á alcaldía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE