Noriega decidirá no verán se repetir como candidato á alcaldía
O rexedor de Santiago precisa que aínda non está "en coordenadas preelectorais" e ve a Compostela Aberta "consolidada".
O alcalde, nun encontro con veciños. Foto: Concello de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou este mércores que o espazo creado ao redor da candidatura Compostela Aberta --coa que foi elixido rexedor-- está "consolidada" e afirmou que a súa decisión sobre se se volve presentar en 2019 tomaraa no verán do ano que vén.
A preguntas dos medios tras un almorzo informativo con todos os concelleiros do grupo de goberno, no que tamén falou dos obxectivos para o próximo 2018, Noriega admitiu que "a nivel persoal" xa lle trasladou ao seu grupo que fará a "reflexión" sobre o seu futuro o próximo verán, pero precisou que non está "en coordenadas preelectorais" aínda.
O rexedor compostelán afirmou que "primeiro está a cidade" e as "eleccións son secundarias", pero reivindicou que o espazo de Compostela Aberta está "consolidado" e "chegou para quedar".
Escribe o teu comentario