O entrevistado Rubén Pérez volverá liderar a lista da Marea de Vigo. A posible integración nesa candidatura de Podemos Vigo, as luces de nadal e a presunta aposta de Cabaleiro por empresas externas en detrimento do emprego público son algúns dos puntos desta conversación.
Unha cidade que medra a partir da economía verde e do turismo sostible. Lara Méndez (1972) explica nesta entrevista con Galiciapress o seu plan para Lugo para os próximos catro anos. As enquisas sitúana con moitas opcións de liderar un goberno de esquerdas, pero advirte que se as dereitas suman PP e Ciudadanos xa dixeron que non terían problema en pactar cun Vox que rondou o 7% dos votos nas xerais. A política de pactos postelectoral, as medidas a prol da igualdade e as relacións coa Xunta son outros dos temas desta conversa.
Este martes todos os principais candidatos á alcaldía de Compostela debateron xuntos na USC. Aínda que remisos, deixaron algunha pista de por onde poden ir os pactos post-electorais. Por exemplo, o PP promete que nunca pactará con Vox en Santiago, aínda que se con Cidadáns.
É realista que Bugallo saque máis apoio nas locais que o que acadou Pedro Sánchez nas xerais? Este é un dos argumentos que enarbora sobre as recentes enquisas o alcalde de Santiago. Nesta entrevista con Galiciapress, Martiño Noriega tamén cuestiona a estratexia do PSOE, que ve pescando na da dereita ao calcar propostas conservadoras como instalar máis cámaras de seguridade. A fusión de concellos, a necesidade de repensar que turismo busca Compostela e o contraste entre a unión a nivel local da marea fronte o divorcio a nivel autonómico de En Marea son outros dos temas desta conversación.
Só Lores resiste en Pontevedra ao ascenso do PSdG. Parece que o efecto da vitoria de Sánchez permitirá aos socialistas gobernar en case todas as urbes, aínda que unicamente en Vigo lograrán a absoluta.
Xosé Sánchez Bugallo (1954) demostra nesta entrevista que coñece Santiago como a palma da súa man. Por exemplo, cando se lle pregunta pola “fantasía” do metro lixeiro do PP, en seguida argumenta citando detalladas cifras de pasaxeiros. Ao candidato do PSdeG, nótaselle os 12 anos que botou de alcalde e que está poñendo toda a carne no asador. O local -montado no Ensanche, territorio hostil, pois é un dos poucos barrios nos que gañou o PP o 28A- zumega unha frenética actividade. Ao temón un político veterano que, nesta entrevista, móstrase moi duro con Noriega. Das súas palabras, dedúcese que vai a por todas e non está pola labor pola ser segundo de abordo de Compostela Aberta. A política de vivenda, a fusión de concellos, a seguridade, os pisos turísticos e a mina de Touro son outros dos temas desta conversa.
Proponse articular un programa que "ilusione" e unha candidatura na que "se vexa reflectida" a cidadanía de Santiago
O congreso que lle permitirá revalidar a súa posición será o 22 de setembro logrando presentar 222 avais
O obxectivo do BNG, segundo afirmou Igrexas, é recuperar a presenza do partido no concello, que perdeu nas últimas municipais aos seus concelleiros
A portavoz do grupo municipal e presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, reafirmou este martes o seu "compromiso cos vigueses", tras ser apoiada pola Xunta Local do seu partido
Destacou que prefire ver "antes de alcalde" ao portavoz de Ourense en Común, Vázquez Mato, que ao líder da oposición, Pérez Jácome
A súa decisión persoal está "máis ou menos perfilada", pero incidiu en que "está orientada a toda esa interlocución" co seu grupo de goberno e o seu espazo político
O partido afronta con "optimismo e confianza" o dobre proceso electoral de 2019
A nacionalista considera que os concellos gobernados polo BNG son "referentes de honradez, de políticas de benestar, de calidade de vida, de denfensa do idioma, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social"
Caballero e Lores teñen outra reeleción no peto. A de Noriega e Ferreiro está ao alcance da man, mentres que Méndez e Vázquez terían que volver facer equilibrios para repetir na alcaldía. Ferrol sería a única urbe onde o PP ten próxima a reconquista, pero lograríaa no seu caso grazas a Cidadáns. Son datos dunha enquisa coñecida este fin de semana que reflicte a incapacidade dos conservadores de desgastar significativamente aos executivos de PSdeG, mareas e Bloque.