O BNG prepárase para as municipais e fixa como obxectivo desaloxar ao PP da Xunta
A nacionalista considera que os concellos gobernados polo BNG son "referentes de honradez, de políticas de benestar, de calidade de vida, de denfensa do idioma, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social"
- A nacionalistaconsidera que os concellos gobernados polo BNG son "referentes de honradez, de políticas de benestar, de calidade de vida, de denfensa do idioma, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social"
- O partido declárase "tranquilo" ante as municipais, xa que consideran que teñen "os deberes feitos" e que poden presentar un modelo de "concellos de éxito"
Cumio do BNG
O Bloque Nacionalista Galego celebrou un cumio municipal para as eleccións municipais do próximo ano. A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o partido fixou o 25 de xullo como referencia para ter ás persoas que serán cabezas de lista nos comicios, "coa flexibilidade necesaria para que a militancia nas comarcas tome as decisións máis acaídas en canto a persoas e proxectos para cada cidade", explicou.
O obxectivo da formación nacionalista, segundo anunciaron no encontro, é "avanzar en apoio social" para conseguir as Alcaldías e saír das urnas "como a alternativa para liderar o desaloxo do PP da Xunta".
O partido declárase "tranquilo" ante as municipais, xa que consideran que teñen "os deberes feitos" e que poden presentar un modelo de "concellos de éxito", mesmo "referente internacional", que sexa capaz de "mellorar a vida da veciñanza e dar solucións aos problemas de cada día".
Pontón fixo referencia á moción de censura Goberno de Rajoy. "Esperamos que esta moción non quede nun xesto pre-electoral e logre desaloxa ao PP por hixiene democrática e pola necesaria rexeneración política que require un cambio profundo dun réxime corrupto", declarou a líder nacionalista.
A portavoz ve neste posible adianto electoral unha oportunidade para que este país recupere "voz propia". "Esta é unha lexislatura perdida que constatou que Galiza necesita forzas políticas propias de obediencia galega, tras tres anos desaparecida do debate estatal, que si protagonizaron vascos e cataláns mentres Galicia estivo ausente", declarou Pontón.
Ana Pontón valora moi positivamente os municipios gobernados polo BNG, e considéraos "referentes de honradez, de políticas de benestar, de calidade de vida, de defensa do idioma, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social", e pediu o apoio da cidadanía en 2019.
Escribe o teu comentario