Compostela Aberta

​Noriega: “Houbo xente no espazo da marea que xogou para o inimigo”

Presentarase Martiño Noriega á reelección á alcaldía de Santiago? Este un dos temas desta entrevista, na que o líder de Compostela Aberta fai balance a nivel local (relacións co PSOE, co BNG, depuradora, “poderes fácticos”, o papel de Compostela Monumental, etc.), comarcal (Mina de Touro) e autonómico. A En Marea pídelle responsabilidade e critica que non soubese pechar o caso Quinteiro.


Noriega pide ás mareas que se centren nos problemas da xente e non nas leas internas

"Ás veces dá a sensación de que o que menos importa é a saúde das mareas locais, que son o futuro da unidade popular", di o rexedor

A esquerda galega antisistémica e as Eleccións Municipais

Son moitas as evidencias en Galiza que apuntan a que este pais precisaría dun paso pola esquerda –varias lexislaturas- para así abandonar a súa condición de periferia. O longo período de goberno conservador (34 de 41 anos) coas súas políticas neoliberais non fixo mais que acentuar os perfís periféricos de Galiza (escaso e precario emprego que favorece a emigración, deficitario estado de benestar que acentúa as desigualdades sociais, sectores produtivos básicos en decadencia e desorden urbano e rural que intensifican os desequilibrios territoriais, deterioro medioambiental, etc). Galiza precisa dun goberno de esquerdas, pero dunha esquerda antisistémica que, coas ideas moi claras, poña en marcha políticas que rompan esta dinámica histórica. Políticas que, por outra parte, son posibles si hai vontade de levalas adiante e se tecen as alianzas precisas.

O PPdeG relativiza as enquisas sobre a súa caída con Noriega repetindo como alcalde

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, relativiza as enquisas que auguran a subida de Cidadáns (Cs) fronte a un PP desgastado, aínda que, sobre os pasos que debe dar o seu partido para frear a tendencia, avogou por "comunicar máis e mellor", e dedicar "moito tempo á pedagoxía" para que os cidadáns "coñezan" e poidan entender as decisións que se adoptan e "valorar os logros".

Os votos ás mareas non volverán caer en saco roto nas deputacións

Ás mareas non lles pasará como nas anteriores eleccións locais, cando, a pesar do seu éxito electoral en moitos concellos, a penas lograron representación nas deputacións ao non estar coaligadas. O plan para evitalo aprobouse este sábado nunha reunión marcada pola ausencia dos edís de Santiago, A Coruña e Ferrol e polas críticas de Beiras aos deputados en Madrid.

En Marea mostra as súas feridas cunha convención municipal sen os seus alcaldes máis importantes

A tensión entre o sector que apoia ao líder autonómico Luís Villares e sensibilidades como a Marea Atlántica e parte de ANOVA e Compostela Aberta queda en envidencia ante as ausencias da convención deste sábado.

As mareas conseguen a súa primeira gran remunicipalización coa ORA de Santiago

Votación moi significativa política e economicamente no pleno de Santiago. Compostela Aberta e BNG sumaron forzas para aprobar definitivamente a remunicipalización de ÓRAA e o guindastre. É a primeira gran remunicipalización que logra unha marea urbana, xa na recta final da lexislatura. Compostela Aberta conségueo a pesar dos reparos postos pola intervención municipal.

​As concelleiras de Compostela Aberta danlle o apoio á folga feminista

Presentan unha moción en Santiago e defenden que o paro internacional do 8 de marzo é un "compromiso histórico inaprazable".

Martiño Noriega defende a pancarta en favor da sanidade pública

O rexedor compostelán sae ao paso ante as críticas do PP, amparándose na aprobación do pleno municipal. 

​Compostela Aberta aproba os orzamentos sen outros apoios

PSOE e BNG abstéñense con reproches pola execución, mentres Agustín Hernández cualifica de "comedia" o pleno.

Noriega decidirá no verán se repetir como candidato á alcaldía

O rexedor de Santiago precisa que aínda non está "en coordenadas preelectorais" e ve a Compostela Aberta "consolidada".

​Compostela Aberta presenta os orzamentos máis altos desde 2009

O goberno asegura que PSdeG e BNG "viabilizarán" a aprobación das contas, que destinan 108 euros por habitante a gasto social.

Noriega cre que a "maioría progresista" sacará adiante as contas

O goberno de Santiago confía en aprobar os orzamentos antes de final de ano, un "adianto" respecto de 2017.

Noriega: "Hoxe ninguén pensa que temos que pedir perdón por gañar as eleccións"

O rexedor de Santiago mostra a súa preocupación sobre o impacto do turismo na capital, e a perda de poboación no centro histórico, que corre o risco de "tematizarse".

Noriega decidirá se volve optar á alcaldía de Santiago no último tramo do seu mandato

Admite que os dous primeiros anos á fronte de Raxoi foron duros polas críticas "esaxeradas" dunha minoría social "influente". 

O programa das Festas da Ascensión de Santiago coñecerase a "próxima semana"

Estará dotado con 200.000 euros e irá na liña das últimas festividades programadas por Compostela Aberta. 

Compostela Aberta escolle nova coordinadora coa vista posta en 2019

Martiño Noriega espera que o proceso "permita dar continuidade" a un espazo político "moi dinámico". 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress