O PP contratou varias veces aos que critica agora por recibir adxudicacións do Concello de Santiago


Unha "rede de favores" esténdese por toda a provincia. Os concellos de Santiago e A Coruña favorecen a empresas de familiares de Compostela Aberta dándolles contratos menores, que se poden adxudicar a dedo. Esta é a denuncia que enarbora o Partido Popular para desgastar ás mareas. Unha argumentación que perde peso ao comprobar que administracións gobernadas polo propio PP contrataron en múltiples ocasións a esas mesmas empresas, que agora,en plena precampaña, poñen no punto de mira.


|

Unha "rede de favores" esténdese por toda a provincia. Os concellos de Santiago e A Coruña favorecen a empresas de familiares de Compostela Aberta dándolles contratos menores, que se poden adxudicar a dedo. Esta é a denuncia que enarbora o Partido Popular para desgastar ás mareas. Unha argumentación que perde peso ao comprobar  que administracións gobernadas polo propio PP contrataron en múltiples ocasións a esas mesmas empresas, que agora, en plena precampaña, poñen no punto de mira.



7h producions

A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura e a presidenta do Consello Reitor de 7H Sociedade Cooperativa asinando un convenio | Foto: Xunta de Galicia


Produciones Teatrais Excéntricas é unha das firmas que o PP sinala co seu dedo acusador, porque o Concello de Santiago contratoulle unha actuación a Quico Cadaval por 605 euros. Case 3.000 euros gastouse o concello de Vilagarcía gobernado por un alcalde do PP nun espectáculo producido por esta compañía. Ademais, os seus obras reciben subvencións regularmente da Xunta, pois os seus compoñentes son algúns dos actores máis recoñecidos da escena galega. 


7 H Sociedade Cooperativa Galega é outra das compañías postas en solfa polos conservadores polos 14 contratos menores adxudicados desde o Pazo de Raxoi. Esta mesma empresa  un contrato de 600 euros por uns vídeos para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, na que participan varias administracións pero cuxa delegada do Estado, responsable da xestión diaria, era por entón Teresa Pedrosa, do PP.  O Concello de Ourense, que gobernan os conservadores, contratoulle dous talleres o ano pasado.


Esta mesma cooperativa, por certo, gañou un premio hai dous anos outorgado pola Consellería de Economía daXunta a proposta de o Consello Galego de Cooperativas. Ademais, foi eescollida pola Cidade da Cultura -dependente de la Xunta- para organizar un ciclo de emprendedores  fai menos dun ano.


A terceira empresa que o PP de Santiago colocou no disparedero é Apiario. Fíxoo porque un Centro Sociocultural encargou un recital poético e uns talleres unha das súas dúas socias, a que non ten relación co alcalde, por 500 euros. A propia compañía respondeu argumentando que traballaba moito máis para o Concello de Santiago e o de Coruña cando outros partidos tiñan o poder


Entre as administracións públicas que as empresarias citan como clientes hai numerosas gobernadas polo PPdeG. Por exemplo, a Secretaría Xeral de Cultura dá Xunta de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura ou o Concello de Carral.


QUE É UN CONTRATO MENOR?

Ninguén puxo ata a data a legalidade das adxudicacións. O PP limítase por agora a falar de amiguismo e falta de ética.


A legalidade é difícil poñela en dúbida neste tipo de contratos. Usándoos, as administracións poden gastar pequenas contías cumprindo uns formalismos. Son os chamados contratos menores, nos que non hai nin publicidade nin concorrencia.


Resultan frecuentes no ámbito da contratación cultural e artística, pois evidentemente non hai varios provedores que poidan competir, por exemplo, para organizar unha actuación de determinado humorista ou o recital de certo poeta.


Outra característica dos contratos menores é que é máis difícil seguirlle o rastro. Mentres que sobre os outros tipos de contratos pende a obrigatoriedade de publicalos en diarios oficiais e plataformas en liña, a normativa é máis laxa con estas pequenas adxudicacións. 


Hai entidades máis escrupulosas e outras que a penas dan publicidade aos contratos menores. Por exemplo, a Xunta de Galicia publica os contratos menores só temporalmente na súa Plataforma, alegando o seu elevado volume. Por iso, vista a súa traxectoria profesional, é máis que probable que as citadas empresas lograsen máis pequenas adxudicacións de administracións, tanto das que gobernan o PP como as que gobernan outros partidos.







relacionada Noriega denunciará nos xulgados ao PP polas acusacións de enchufes e Hernández di que faltou ética
relacionada "Pensa o ladrón que todos son da súa condición" responde Compostela Aberta ás acusacións de enchufes do PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE