As obscenidades dos que botan a Luís Villares

Manoel Barbeitos
Economista

Trátase de apartar a quen buscan unha xustiza independente e garante da igualdade ante a lei para evitar que continúen os abusos en Galicia

 

María Azucena Recio González tomando posesión de la Sala Tercera del Cunqueiro
María Azucena Recio González tomando posesión da Sala Terceira do Cunqueiro en presenza do vicepresidente da Xunta

Unha das moitas probas dos déficits democráticos que agocha España é a obscenidade con que os poderosos (bancos, construtoras, oligopolios) exercen o seu poder e garantan as súas enormes ganancias. Un poder para o que contan co apoio de elites políticas, xudiciais e dos corpos de seguridade que reciben a cobertura mediática dos medios de información e opinión subvencionados. Un poder que logo de cinco décadas aínda permanece inamovible, algo do que temos probas regularmente e que pon en evidencia como para estes poderosos nunca as ganancias son suficientes polo que teñen que reverter con regularidade o funcionamento da democracia sen importarlle que poida ser dun xeito escandaloso. 

 

Unha subversión que adopta múltiples formas e que van dende corromper a unha clase política facilmente manexable, hasta subvencionar unha prensa para que ataque as forzas políticas e sociais democráticas ao tempo que oculta a realidade e monta unha paralela que coincida cos intereses daqueles, pasando por utilizar a membros destacados dos poderes do estado -xudicial, policial- na defensa deses intereses aínda que sexan saltándose as leis e a democracia. Un método que utilizan estes poderosos para conseguir os favores das elites citadas -políticas, xudiciais, policiais- é o fenómeno coñecido como “as portas xiratorias”. 

 

Que son as famosas “portas xiratorias”?: un procedemento que facilita o paso de políticos e maxistrados do servizo público a empresa privada -e viceversa- o que lle permite a esta manter un enorme poder de influencia nos gobernos e nos poderes xudiciais. En España son celebres os casos de expolíticos socialdemócratas e conservadores que pasaron do goberno e de altos cargos na administración pública - xefes de goberno, ministros, directores xerais- ao postos directivos nas empresas do IBEX35. Tamén se dan casos de membros do poder xudicial que pasan a gran empresa privada. 

 

Este funcionamento explica que en España teñamos que asistir a escándalos de corrupción política e xudicial que parecera non teñen fin. Casos como que os gobernos lexislen a favor dos poderosos -lembremos o caso dos rescates bancarios cando os gobernos españois acudiron en auxilio dunha banca en crise por mor da súa enorme avaricia e mal goberno e que supuxeron enormes custos para as arcas públicas, ou o caso dos oligopolios que dispoñen dun marco legal que lles permite autenticas estafas nos prezos, aí están os abusos recorrentes dos carburantes e a electricidade, de empresas da construción que se ven favorecidas por leis urbanísticas que lles permiten auténticas barbaridades construtivas..-. Tamén está o caso de institucións destacadas do poder xudicial -Tribunal Supremo, Tribunais de Xustiza Autonómicos, Xuíces estrela...- que favorecen os intereses destas elites poderosas namentres perseguen a dirixentes das esquerdas. Escándalos que poñen en evidencia como hai partidos que se alimentan da corrupción e aí temos ao Partido Popular (PP) con un lista infinita de expedientes que afectan tanto ao propio partido como a múltiples directivos e dirixentes do mesmo. 

 

Escándalos que, como sinalaba, tamén afectan ao poder xudicial que conta con maxistrados ben situados nas distintas instancias xudiciais que parecera pensen que “a xustiza son eu” e así non teñen reparos en ditar sentencias e adoptar decisións autenticamente incribles e escandalosas, pero que parecera non teñen límite. Ahi está por caso o moi distinto trato xudicial que lle dan aos políticos das esquerdas aos que perseguen con saña -ahi temos os casos de Pablo Iglesias, Irene Montero, Juan Carlos Monedero, Ada Colau, Monica Oltra, Pedro Sánchez por citar os mais soados de persecución xudicial- que aos políticos das dereitas aos que protexen e amparan -velaí o que está pasando en Valencia con Carlos Mazón, ou con expresidentes e exministros do Partido Popular, como Mariano Rajoy, Dolores Cospedal, Cristobal Montoro, Rodrigo Rato, Eduardo Zaplana, Francisco Camps.. cuxo listado de casos de corrupción nos que aparecen involucrados se faría interminable-. Para mellor entender o distinto trato xudicial hai que fixarse na distinta relación que estes políticos tan diferentes tiveron e teñen cos poderosos: si defendes os intereses destes últimos non terás problemas coa xustiza, si os atacas ou tratas de rebaixalas súas ganancias serás perseguido pola xustiza. Esa é a lectura que cabe facer de todo o que ven sucedendo a nivel xudicial e que chega a afectar negativamente a maxistrados decentes e honestos. 

 

En relación con isto último si recentemente tivemos que asistir a inxusta, impresentable e vergoñenta defenestración do Fiscal Xeral do Estado -o señor Alvaro Garcia Ortiz- simplemente por defendela honorabilidade da Fiscalía fronte as mentiras e os ataques das dereitas madrileñas que lideran a señora Isabel Ayuso - cuxa parella cometera os delitos de fraude fiscal, facturas falsas, corrupción nos negocios e administración desleal- e que contan co apoio tanto de membros destacados do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Madrid como de medios de información e opinión gostosamente subvencionados. Agora mesmo nos enteremos de que en Galicia a nova Presidenta da Sala do ContenciosoAdministrativo do TSXG entre as súas primeiras medidas adoptadas foi o desmantelamento da actual Sección 3ª que, ou casualidade!, viña coñecendo dos procedementos xudiciais sobre as autorizacións administrativas relativas a parques eólicos no territorio galego, as suspensións cautelares da súa construción e cuestións de contratación administrativa, como as que afectan a concesións hospitalarias, como a do Hospital Alvaro Cunqueiro. Un criterio presidencial absolutamente arbitrario e so comprensible si atendemos o que vimos sinalando neste artigo do enorme poder de influencia nopoder xudicial dos poderosos tal que lles molestan aqueles maxistrados -por caso, Alvaro Garcia Ortiz, Luis Villares Naveira- que defenden que a xustiza, como corresponde a calquera sistema democrático, sexa igual para todos e impida abusos como, por caso, os que están levando a cabo as empresas eólicas e as construtoras en Galicia. Abusos para o que contan, co apoio de membros destacados do poder xudicial como así o estamos vendo agora mesmo cando se toman decisións arbitrarias e inxustas que ademais fan que “a imaxe do TSXG e a súa independencia queden moi afectadas” así como que se “poida trasladar a cidadanía unha sospeita, esperamos que infundada, na finalidade perseguida pola decisión gobernativa adoptada así como a imaxe de que o poder xudicial se estaría dobrando aos intereses dalgunhas das partes nos litixios sinalados” (Xuízas e Xuíces para a Democracia). 

 

Por que en definitiva do que se trata neste caso é de “sacar de en medio” a aqueles maxistrados que, como sucede con Luis Villares Naveira, queren que a xustiza sexa independente (Art. 117 da C.E.) e garante de que tódolos cidadáns somos iguais diante da lei (Art. 14. C.E.) para que non haxa abusos como os que a cotío estamos sufrindo en Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE