justicia

O presidente da Xunta celebra o arquivo do 'Caso Villares', pero lembra que a Xustiza non dixo a última palabra

"Imos ser respectuosos co que diga desde o principio até o final", convida o mandatario.

Golpe de Estado xudicial

Así o confirma a sentenza da citada cámara que vimos de coñecer e na que se condena sen probas -Onde queda a presunción de inocencia?- ao Fiscal Xeral do Estado á vez que se lle da razón a un presunto delincuente: “Que debemos condenar e condenamos a D. Alvaro Garcia Ortiz, Fiscal Xeral do Estado, como autor dun delito de revelación de datos reservados, art.

Un intento de golpe de estado xudicial?

Feitos obxectivos todos que tanto apuntan a que este o goberno, a pesar das continuas cambadelas, vai a rematar a lexislatura (2027) como a que a alternativa Nuñez Feijoo, a pesares das enquisas, non resulta fiable senón de moi dubidoso éxito e a proba está na moi baixa consideración entre a cidadanía do candidato. Que visto tamén que a señora Isabel Ayuso, alternativa a Nuñez Feijoo para un sector das dereitas extremas, se lle multiplican os frontes xudiciais e políticos dende o feito indiscutible de que o seu noivo cometeu os delitos de fraude fiscal, falsidade en documento mercantil, corrupción nos negocios e administración desleal polo que tería que entrar na cadea, co que iso supón para a súa imaxe política -alguén se cree que a señora Áyuso non estaba ao tanto das falcatruadas do seu mozo?, que, por caso, non sabía con que diñeiro se pagou o ático?- ata o asunto das residencias e os protocolos da vergoña (7.291 maiores falecidos) que pon en evidencia a responsabilidade do Goberno madrileño nesas mortes e, xa que logo, da súa Presidenta.  Vistas todas estas evidencias o fronte xudicial conservador, polo que estamos vendo, decide xogar a fondo as súas cartas, aínda que sexa a modo golpista para conseguir derribar a este goberno “ilexítimo”.

CSIF, contraria ao peche de xulgados para crear órganos especializados en violencia de xénero

A proposta do Ministerio de Xustiza de transformar xulgados de instrución en Vigo e A Coruña xera un rexeitamento unánime entre sindicatos, maxistrados e a Xunta, que esixen máis recursos sen desmantelar os existentes.
 

Volve caer o teito nos xulgados de Lugo, onde xa se desprendeu o mes pasado

A Xunta comprometeuse a solucionar o problema, que se agravou o mes pasado, pero aínda non se acometeu ningunha reparación.

 

Os letrados de Xustiza piden á ministra a súa presenza para desbloquear a folga

O comité de folga estivo traballando durante o fin de semana para desencallar o "grave conflito", apuntan nun comunicado

Liñas vermellas que non deben cruzar

Liña vermella ou cruzala liña vermella fai referencia a un punto imaxinario de non retorno ou a "unha liña na area" ou a un "límite que unha vez superado a seguridade xa non pode ser garantida"
 

UXT-Xustiza denuncia a caída de parte do teito dun despacho dos xulgados de Noia

O sindicato sinalou que esta situación "non é nova"

A renovación errada do CXPX: A Feijóo treméronlle as pernas

Un caso paradigmático é o do maxistrado da Audiencia Nacional, o señor García Castelló -17 anos en postos nomeados polo Partido Popular, que investiga a operación Kitchen pero na que se nega a imputar a Dores de Cospedal en contra do criterio da Fiscalía Anticorrupción- quen segue no seu particular cruzada contra Unidas Podemos, e moi especialmente contra un dos seus fundadores, o señor Juan Carlos Monedero, a pesar dos reveses xudiciais sufridos e do criterio en contra da Fiscalía que acusa a ese maxistrado de "cruzar todas as liñas". Unha falta de acordo sobre a obrigada renovación do CXPX que, por outra banda, supón para o señor Núñez Feijóo, a quen tamén lle tremeron as pernas como ao seu partido, un chanzo máis no que parece unha imparable deterioración da imaxe de bo xestor e político demócrata e liberal que lle fabricaron uns medios de información e opinión que, por ese servizo, foran espléndidamente retribuidos.

Tradutor simultáneo se queres casar en galego no rexistro de Vigo, denuncia A Mesa

É dicir, que cando os contraentes digan "si, quero" haxa un tradutor simultáneo que lle traduza ao funcionario oficiante "si, quiero".

A Xustiza anula a orde do Goberno de España de prohibir a manifestación da Mesa en defensa do topónimo A Toxa

A concentración celebrarase ás 19,00 horas no paseo do Mar da illa, localización proposta pola Policía Local

 

Detido en Vigo un home fuxido da xustiza de Pontevedra e con catro ingresos en prisión pendentes
A Policía Nacional ha detido en Vigo a un home ao que lle constaban catro reclamacións de ingreso en prisión e estaba fuxido da xustiza desde facía aproximadamente 3 anos.
Loitar en Ucraína non é delito por agora, indica o Ministerio de Xustiza tras a chegada de voluntarios españois
"Un español loite como voluntario noutro país non é delito, salvo que ese estado fose considerado organización criminal e terrorista, como ocorreu no caso de Siria", explican fontes oficiais do Ministerio de Xustiza.


A que galegos indulta máis o Goberno? 559 recibiron o perdón nos últimos anos e non son políticos


Ladróns e toxicómanos son as persoas que máis se beneficiaron das medidas de graza dos diferentes executivos nas últimas dúas décadas. Pola contra, os gobernos foron moi remisos a perdoar delitos relacionados coa política, polo menos en Galicia, o que en teoría resta posibilidades ao indulto solicitado polo funcionario condenado polo enchufe da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra.

A Xustiza dá a razón a unha nai de Santiago que quería vacinar á súa filla a pesar da negativa do pai​
O Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago, especializado en Familia, autorizou a unha nai para vacinar contra a covid-19 á súa filla de oito anos, a pesar da oposición do pai.


Inhabilitado durante cinco anos un adestrador de fútbol feminino por tocamentos a unha xogadora en Vigo
A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentencia este mércores na que condena a L.V.V.M. a unha pena de 2 anos de prisión por un delito de abusos sexuais a unha menor á que adestraba, e á que fixo tocamentos. A execución da pena de prisión foi suspendida e non terá que ingresar no cárcere.
56 días de traballos comunitarios: a condena a un pai por castigar ao seu fillo pegándolle cun cinto​ en Ourense
O Xulgado do Penal número 2 de Ourense condenou a 56 días de traballos en beneficio da comunidade a un home por golpear cun cinto ao seu fillo de 12 anos de idade, do que ten, ademais, orde de afastamento durante seis meses.


A Xustiza obriga a Atento a recoñecer o dereito ao teletraballo e a adaptación de xornada dunha empregada

O contac center, cunha alizana con Movistar relativa á súa servizo técnico, foi obrigado por unha sentenza para recoñecer os dereitos dunha traballadora.CXT, que xa no pasado denunciou "despedimentos infames" na firma, denuncia "a ruin e despreciable actitude de Atento" neste caso. Protestas de CIG e CXT contra AtentoNuevo golpe xudicial contra Atento, empresa de contact center establecida na Coruña con alianzas con empresas da talla de Movistar ou Iberdrola.

A xuíza que quitou a custodia minusvalorando á "Galicia profunda", recusada pola nai e moi criticada
Organizacións políticas e sociais condenan o contido dun auto "cheo de prexuízos" e con "desprezo" ao rural
Cando a denuncia é falsa pero o problema non

Por iso é tan importante que se sigan denunciando as agresións, que se sigan enchendo os balcóns de bandeiras e pancartas e que sigan adiante as manifestacións contra a LGTBIfobia.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE