Loitar en Ucraína non é delito por agora, indica o Ministerio de Xustiza tras a chegada de voluntarios españois

"Un español loite como voluntario noutro país non é delito, salvo que ese estado fose considerado organización criminal e terrorista, como ocorreu no caso de Siria", explican fontes oficiais do Ministerio de Xustiza.



|

Galiciapress informou esta semana que polo menos cinco voluntarios españois xa se atopan nas filas do Batallón Azov en Kiev. Ucraína está, ademais, usando a súa rede diplomática para captar combatentes, sobre todo persoas con experiencia militar ou policial.


Ante esta situación, Galiciapress preguntou ao Ministerio de Xustiza que repercusións legais poden caer sobre os que combatan en Ucraína. Hai que lembrar que España decretou que era delito combater cos islamitas ou os kurdos durante o apoxeo da guerra en Siria.


"Un español loite como voluntario noutro país non é delito, salvo que ese estado fose considerado organización criminal e terrorista, como ocorreu no caso de Siria", explican fontes oficiais do Ministerio de Xustiza.


Supostos voluntarios españois do Batallón Azov saudando aos membros dun grupo de recrutamento

Supostos voluntarios españois do Batallón Azov saudando aos membros dun grupo de recrutamento 



É dicir, agora mismo quen se aliste para loitar no Batallón Azov, a pesar da súa ideoloxía neonazi, non comete ningún delito, nin tampouco o cometerían aqueles españois que loitasen polos prol-indenpendentistas do Dombass (hai que lembrar que varios xa o fixeron hai uns anos). 


Con todo, esta situación podería cambiar, se España decide designar como organizacións criminais ou terroristas a Azov ou os militares das autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Lugansk   Máis improbable parece que nalgún momento España declare delito combater polo exército ucraíno, xa que o propio Goberno acaba de enviarlle armas ofensivas.


REPRESENTA O BATALLÓN AZOV A TODO O EXÉRCITO DE UCRAÍNA?

O Batallón Azov forma parte oficial do exército de Ucraína, en concreto da estrutura paramilitar do seu garda nacional. Mentres que o goberno de Kiev é recoñecido como democrático pola maioría do estado, o Batallón Azov está considerado como unha organización de ultradereita con todo o seu aparato, fachos en marchas nocturnas, saúdos romanos, etc.


Estes neonazis foron claves para conter ao sublevados prol-rusos no seu día, dado o débil que eran entón o exército de Ucraína. Desde entón, non quixeron ou non puideron expulsalos da súa estrutura.


Azov leva anos explotando as redes fascistas europeas para conseguir voluntarios, armas e diñeiro. Nos últimos días aumentaron os seus esforzos, publicando mensaxes nas súas canles de recrutamento en varios idiomas, español incluído. Nesas canles foi onde difundiron as fotos de cinco españois que din estar xa en Kiev. Ducias de españois mostráronse dispostos a alistarse.


En plataformas como Telegram existen grupos en español de apoio a Ucraína, algúns puramente informativos. Outros van máis aló e serven de canle de comunicacións entre potenciais recrutas. É nestas canles onde pódese observar proclamas profascistas, con loas á Division Azul e á ditadura de Franco.


UN CÓCTEL PERIGOSO A medio prazo

É evidente que o conflito de Ucraína pode ter consecuencias imprevistas no Estado, vistos os antecedentes das 'dúas Españas'. Se os fascistas de Azov recrutan enarborando símbolos nacionalsocialistas, os prol-rusos do Dombass fano enarborando símbolos soviéticos. 


Ao final, España pode atoparse con ciudadnos organizdos ao redor de ideoloxías radicais e con experiencia militar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE