Liñas vermellas que non deben cruzar

Manoel Barbeitos
Economista

Un cruce no que os medios políticos, xudiciais  e os medios da dereita son verdadeiros expertos, lamentablemente para esta democracia. Unha conduta que os cidadáns deben sancionar para a defensa e garantía da democracia

 

 

Un dos piares mais firmes nos que se asentan as democracias consolidadas é o consenso entre os partidos democráticos de non pasa-las liñas vermellas que puideran poñer en risco a democracia e a convivencia pacífica. Desgraciadamente en España, e tamén en Galicia, seguramente que por mor de levar menos anos de democracia que moitos estados europeos, eses consensos non existen e con non pouca frecuencia os partidos das dereitas (VOX, PP) cruzan as liñas vermellas sempre e cando consideren que lles pode favorecer politicamente. Unha práctica que tamén se da en sectores do poder xudicial e en moitos medios de comunicación e opinión. As probas son contundentes e frecuentes.

 

Unha liña vermella que nunca debera cruzarse é a que separa a legalidade da ilegalidade. Unha liña vermella que en España os partidos de dereitas e sectores do poder xudicial atravesan sen rubor e así nos últimos tempos  non se privan de cualificar ao goberno español de quenda (PSOE/UP) de ilexítimo. Algo que pon en evidencia o equivocado concepto de legalidade que teñen pois aquel foi elixido no Parlamento (C.E. Título IV, art. 99)  polo que debe ser respectado por todos. Con esta actitude as dereitas españolas están atravesando a liña vermella que separa a legalidade da ilegalidade. O mesmo sucede con aqueles xuíces que deben administrar xustiza (C.E. Titúlo VI, art. 117) pero que, a pesar diso, usan os seus poderes para perseguir inxustamente e sen bases legais aos partidos de esquerdas e aos seus dirixentes, con especial atención a Unidas Podemos, mentres que paralelamente ben impiden a aplicación da xustiza a casos fragrantes de delito ben retraian, saltándose a Constitución (Titulo VI, arts. 122, Titulo IX, art. 159), a renovación dos mais importantes poderes xudiciais segundo é preceptivo legalmente. Que quen son responsables de administrar xustiza e facer cumprilas leis crucen as liñas vermellas que separan a legalidade da ilegalidade é gravísimo.

 

Outra liña vermella que non se debera cruzar e no que tería que existir un consenso entre tódalas forzas democráticas é a que separa a honradez da corrupción. Como organismos internacionais que vixían a corrupción nos diferentes países veñen sinalando repetidamente España pasa por seren un dos estados europeos con maior nivel de corrupción. Unha doenza que atravesa tanto o sistema político como a sociedade. Así, os incontables casos en que están involucradas as dereitas españolas -moi especialmente o Partido Popular (PP)- poñen en evidencia que un dos seus alimentos é a corrupción. Unha práctica sistémica que incluso alcanzou a Xefatura do estado e que deteriora enormemente a imaxe da clase política española e da propia democracia. Unha práctica para cuxa salvagarda contan co apoio e a cobertura tanto de non poucos maxistrados que ben paralizan os procesos xudiciais ben adoptan resolucións que lles favorecen -os casos se contan por centenares- coma dunha maioría de medios de información e opinión que sobreviven grazas as axudas que estas dereitas lles dan.  

 

Nunha auténtica democracia se deben respectar as diferentes crenzas dos seus cidadáns. Nunca se debera cruzar a liña vermella que separa os estados que respectan e defenden, por caso, a liberdade relixiosa dos que intentan impoñer unha determinada relixión para todos/as. En España, a pesar do que establece a propia Constitución (Capitulo II, Sección 1ª, Articulo 16) a relixión católica segue gozando dunha serie de privilexios e prebendas, repetidamente asegurados polos distintos gobernos, que fomentan a desigualdade nesta materia e que non son propios dunha democracia.

 

Finalmente, aínda que se poderían citar bastantes casos mais de liñas vermellas que se cruzaron, nunha auténtica democracia tódolos cargos políticos -dende a Xefatura do estado hasta os representantes locais- deben ser elixidos por mandato popular e ser responsables legalmente. En España eso non é así e como residuo do franquismo, que se converteu en mandato constitucional, aínda contamos cunha Xefatura do estado (C.E. Titulo II) que non se elixe senón que se herda (C.E. Titluo II, Art. 57) ademais de seren "inviolable e non estar suxeita a responsabilidade" (Art. 56). Unha liña vermella que favorece que o propio Xefe de Estado non se canse de cruzala con o entusiástico apoio das dereitas e de unha parte non pequena das esquerdas. 

 

Son moitas as liñas vermellas que non paran de cruzarse en España, moitas as veces que se cruzan as que marcan as propias leis que están para protexer os dereitos e liberdades individuais e colectivos.....Un cruzar no que as dereitas políticas, xudiciais e mediáticas son auténticas expertas para desgracia desta democracia. Unha comportamento que a cidadanía debería castigar para defensa e garantía da democracia e a liberdade. 

 

Archivo - El Rey emérito Juan Carlos I a su salida de Madrid con dirección Abu Dabi tras su visita a España, a 23 de mayo de 2022, en Madrid (España). Juan Carlos I abandona España tras su visita de cuatro días donde ha acudido a Sanxenxo (Pontevedra) y s
Arquivo - O Rei emérito Juan Carlos I á súa saída de Madrid con dirección Abu Dabi tras a súa visita a España, a 23 de maio de 2022, en Madrid (España). EP

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE