Tradutor simultáneo se queres casar en galego no rexistro de Vigo, denuncia A Mesa

É dicir, que cando os contraentes digan "si, quero" haxa un tradutor simultáneo que lle traduza ao funcionario oficiante "si, quiero".


|

Edificio de la administraciu00f3n de justicia en Vigo en una foto de Google Street View
Edificio da Administración de Xustiza en Vigo nunha foto de Google Street View

A Mesa pola Normalización acaba de denunciar unha kafkiana disxuntiva á que se enfronta unha parella en Vigo. Pediron casar no Rexistro Civil en galego.  O colectivo alerta que o maxistrado do rexistro civil de Vigo responde  que " o 'legalmente aceptado en dereito'  é que a voda se celebre en castelán, con tradución simultánea ao noso idioma". 

 

Galiciapress tratou de contrastar a denuncia. Desde o TXSG lémbrase que os rexistros civís dependen directamente do Estado. Desde o Ministerio de Xustiza prometeron indagar na denuncia, publicada este mediodía, e responder posteriormente.

 

Pola súa banda, A Mesa denuncia a "extranxerización" á que se somete así ao galego. En concreto,  a vicepresidenta da Mesa Elsa Quintas indica que "a cidadanía galega ve vulnerados os seus dereitos lingüísticos por parte das entidades que están chamadas a defendelos, sendo forzada a elixir entre a súa lingua e a celebración dunha voda civil normal, como a de calquera cidadá española castelán falante".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE