O catedrático Luís Míguez, fóra da lista de Rosa Crujeiras ao reitorado da USC tras denuncias estudantiis/estudantís
O Sindicato Estudantil Fervenza denunciou os "discursos de odio" do ex decano da facultade de Dereito da USC.
"Ante as últimas noticias, Luís Míguez xa forma parte da candidatura de Rosa Crujeiras". Con ese conciso comunicado, o equipo de Rosa Crujeiras, candidata ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela, comunicou a este diario que a persoa proposta para a Secretaría Xeral, o catedrático na área de Dereito Administrativo no Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, Luís Míguez Macho, deixaba de formar parte do equipo de Crujeiras despois de que o Sindictato Estudantil Fervenza denunciase os ·discursos de odio" e as declaracións de contido homófobo publicadas nun blog polo ex decano da facultade de Dereito en abril de 2006.
O MATRIMONIO HOMOSEXUAL, PARTE DUN "MAQUIAVÉLICO PLAN"
Hai que remontar dúas décadas atrás para chegar ás publicacións do blog 'Desde o paredón', onde o catedrático reflexionaba nun post titulado 'O desafío de ZpM e a resposta que esixe' sobre cuestións como a aprobación do matrimonio igualitario, considerando o mesmo como parte de "un maquiavélico plan (de Rodríguez Zapatero) para afundir a España no ridículo e o descrétido mundial".
Desde Fervenza censuraban estes "discursos que non poden ter cabida nas institucións educativas". Os escritos, publicados hai case dúas décadas, falan de cuestións como o estatuto catalán, as negociacións de paz do Goberno de España con ETA -consideradas por el como unha forma de "vulnerar a lei"- ou sobre a consideración de Galicia como unha nación, entre outras cuestións.
O colectivo estudantil tamén apuntaba a outras declaracións de Míguez Macho, que tachaba de "intolerable imposición lingüística" algunhas das políticas do goberno bipartito da Xunta de Galicia. Nese sentido, desde Fervenza tamén fan alusión a tese en contra das regulacións contra os malos tratos animais ou contra a integración da poboación migrante.
EXPLICACIÓNS PÚBLICAS?
Esas "graves" publicacións, como criticaron desde Fervenza, dinamitaron a proxección de Míguez Macho como futurible á Secretaría Xeral de saír elixida Rosa Crujeiras nas eleccións que se celebrarán o próximo 12 de febreiro. A decisión de apartalo foi tomada ao longo do día despois de que este diario se fixese eco do caso, que antes da publicación tratou, sen éxito, de coñecer as impresións da candidatura de Crujeiras. O equipo de comunicación de Crujeiras sostén agora que o catedrático xa non pertence á candidatura, pero na web da aspirante a reitora aínda figuran imaxes de Míguez Macho.
Queda por saber si, como esixía o colectivo estudantil, Crujeiras ofrecerá "as explicacións necesarias" tras destapar este caso e si fará pública a súa "condena clara contra este tipo de discursos de odio", tendo en conta que a súa candidatura se definía como unha proposta onde "defenden os dereitos das persoas LGTBIQ+ ou apoian medidas pola normalización lingüística".
Escribe o teu comentario