elecciones usc

M. J. López Couso: "O de Medicina era o mellor acordo, dadas as circunstancias"

María José López Couso acode á carreira polo reitorado da Universidade de Santiago de Compostela despois de ser a última vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional durante o mandato de Antonio López ou decana da Facultade de Filoloxía. López Couso enfronta a recta final da campaña na candidatura de 'Ti é a peza que falta' tratando asuntos como o acordo para a descentralización do grao de Medicina, a proposta para impulsar un orzamento participativo ou o problema da vivenda en Santiago e Lugo, unha cidade onde expón a necesidade de dinamizar en ámbitos como a cultra eu o deporte. 

Denuncian "guerra sucia" contra candidata ao reitorado da USC por convidar a unha consumición na Sala Capitol

A candidata convida á comunidade universitaria a auga, refresco ou cervexa o próximo 10 de febreiro na Sala Capitol, un evento que foi criticado por outras candidaturas e polo que tivo que saír ao paso as propia Flores. 

Maite Flores: "Non podemos estar coa espada de Damocles de UDC e UVigo por Medicina"

A decisión de María Teresa Flores Arias de postular a ser a futura reitora da USC non se tomou "dun día para outro", senón que nos últimos anos foi madurando esta idea ante a perspectiva de corrixir a dirección que tomou a universidade compostelá. Maite Flores, catedrática de Óptica, recibe a Galiciapress no seu despacho para responder a cuestións como o acordo para descentralizar o grao de Medicina, os mecanismos que pode empregar a USC ante o problema da vivenda en Santiago e Lugo ou a polémica polo seu cesamento á fronte da Comisión Interuniversitaria de Galicia, onde valorou o traballo feito durante a súa presidencia, especialmente polos resultados obtidos polos estudantes nas últimas probas de acceso ao ensino universitario. 

Alba Nogueira: "Con ou sen competencia, a facultade de Medicina está en condicións de ser a referencia"

María Dá Alba Nogueira López recibe a Galiciapress no seu despacho horas despois de reunir coa alcaldesa de Santiago de Compostela, coa que compartiu as liñas mestras da súa proposta na carreira por ser a próxima (e primeira) reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática en Dereito Administrativo conversa con este diario sobre asuntos que van desde o acordo para a descentralización do grao de Medicina até o problema da vivenda en cidades como Santiago e Lugo, onde proxecta grandes plans para o campus lucense. 

Rosa Crujeiras: "Parece que no acordo por Medicina cedemos todos, pero non é así"

Rosa Crujeiras leva anos preguntar como e por que as cousas son como son na Universidade de Santiago de Compostela. Dese tempo de reflexión e análise nace a súa candidatura ao reitorado da USC, onde cre que falta "un maior e mellor posicionamento institucional". Catedrática no departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Crujeiras atende a Galiciapress para ofrecer a súa visión sobre o acordo para a descentralización do grao de Medicina, a irrupción da universidade privada no sistema galego ou como a crise da vivenda afecto tanto aos estudantes como aos docentes e investigadores da universidade compostelá, entre outros asuntos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE