Denuncian "guerra sucia" contra candidata ao reitorado da USC por convidar a unha consumición na Sala Capitol
A candidata convida á comunidade universitaria a auga, refresco ou cervexa o próximo 10 de febreiro na Sala Capitol, un evento que foi criticado por outras candidaturas e polo que tivo que saír ao paso as propia Flores.
O próximo 12 de febreiro terán lugar as eleccións para elixir unha nova reitora na Universidade da Coruña. A única seguridade é que será unha muller, a primeira en máis de 500 anos de historia, e a disputa está entre Rosa Crujeiras, María José López Couso, Alba Nogueira e Maite Flores. Precisamente esta última candidata, a catedrática de Óptica, está agora no ollo do furacán pola súa proposta para celebrar un peche de campaña na Sala Capitol o vindeiro martes 10 de febreiro, día no que, para pór punto e final ao proceso, convidará a unha consumición a aqueles que se apunten á súa festa de fin de campaña, un acto que foi criticado e polo que, denuncian desde a candidatura, hai en marcha unha guerra sucia contra Flores.
UNHA CAMPAÑA INTERESADA CONTRA FLORES?
A premisa é sinxela: unha festa na céntrica Sala Capitol e os que se arrimen poderán gozar dunha consumición gratis. "Xa sabedes que nesta candidatura somos moi de anticipar, planificar e liderar. Por iso, como xa superamos o ecuador da campaña, estamos a organizar a festa de peche na Sala Capitol o martes día 10, a partir das 21.30 horas", anunciaba onte nas súas redes sociais, convidando á comunidade universitaria a este evento gratuíto até completar aforamento, cunha sesión musical con DJ Carlos López na mesa de mesturas.
O anuncio tivo unha acollida desigual. Por unha banda, están os que celebran a proximidade da candidata e o seu intento por achegar aos estudantes; ao outro, os que cren que Flores trata de comprar ao estudiantado a base de alcol, con frases acusándoa de ser "a reitora promotora do alcoholismo" ou de "emborrachar aos estudantes".
A esta última tese saíron ao paso desde a candidatura de Flores, 'Un sentir común', onde subliñan a este diario que non ofrecerán cubalibres nin licores fortes. "Dio o cartel: 1ª consumición mínima gratis. Isto é: auga, refesco e, como moito, unha cervexa, con ou sen alcol", explican. A continuación, remarcan que, en todo caso, trátase dun evento exclusivo para os maiores de idade, por tanto, "persoas adultas", e que a mesma idea da festa do peche de campaña naceu das conversacións da candidata con estudantes que lles suxeriron este evento para poder manter un encontro directo coa comunidade universitaria.
"Non compramos a visión que parecen ter outras candidatas", censura, moi na liña da última publicación de Maite Flores na súa conta persoal onde se desmarca da idea de que "os estudantes se venden por unha cervexa". De igual forma, cren que o que hai detrás de toda esta polémica é "unha campaña bastante ben orquestrada e coordinado con perfís falsos", empregando mensaxes anónimas e trolls que, sospeitan, poderían estar ligados a outras candidaturas.
O que si apostilan as fontes consultadas por Galiciapress , é que a de Maite Flores non é "unha campaña a base de talonario", senón que salgue adiante "a base da implicación das súas colegas" -Flores foi incluso máis aló na súa post, reiterando que na súa campaña tratan de resolver a "escaseza de recursos económicos" con "moita creatividade e tirando das amizades"-. Algo que, supoñen, é extensible ao resto de candidaturas, a pesar de que algunhas si recorreron a outros medios para facer visibles, como carteis pola capital galega ou post promocionados en redes sociais.
"De verdade? Isto é o que pensa algunha das outras candidatas do estudiantado? Pensa que sodes parvos? Pensa que vos vendedes por unha cervexa? O que me demostra todo isto é que realmene fai falta un cambio na USC e nós somos o cambio", declarou Flores na súa conta de Instragram.
DEBATE POLO CAMPUS DE LUGO
A polémica da festa suscitou outro debate paralelo, esta vez co seu foco no campus de Lugo, onde os estudantes se preguntaban si para eles non había festa. Flores intercambiou algunhas mensaxes con estudantes, lembrando que non habería "cubalibres" no evento como se fixo circular con algúns bulos "de maneira interesada en redes", pero recollendo a luva e admitindo que se non hai un evento similar na cidade amurallada é por unha cuestión de recursos, que son "limitados", e por problemas na xestión do tempo.
"Creo que son a candidata que máis visitas fixo a Lugo nesta camapña e aínda me queda algunha. E penso que somos a candidatura que leva un programa máis ambicioso para o Campus Terra", argumentou na súa resposta.
Na entrevista mantida con Galiciapress, Flores detallou a súa proposta para a cidade lucense, onde remarcou a falta de infraestruturas para que os estudantes poidan practicar deporte e a "oferta diferenciada" que existe para os estudantes da capital galega e os de Lugo, onde "hai moitas cousas a mellorar".
"Nestes últimos anos houbo moitas accións que se fixeron para que o campus de Lugo sentise maltratado, algunhas case simbólicas como quitar a vicerrectoría do centro da cidade, unha decisión que se tomou neste equipo de goberno, pero que algúns dos membros que van con outras candidaturas tamén o apoiaron e saíron en redes no seu momento... agora parece que facemos borrón e conta nova e non nos acordamos diso. Pregúntome que pasaría si en Compostela, de súpeto, decidísemos que a rectoría non vai estar xa no centro neurálxico da cidade, senón que a imos a traer aquí, onde temos a facultade de Física, por exemplo, que está na zona máis afastada do campus", preguntouse na entrevista con este diario.
Escribe o teu comentario