A candidata convida á comunidade universitaria a auga, refresco ou cervexa o próximo 10 de febreiro na Sala Capitol, un evento que foi criticado por outras candidaturas e polo que tivo que saír ao paso as propia Flores.
A decisión de María Teresa Flores Arias de postular a ser a futura reitora da USC non se tomou "dun día para outro", senón que nos últimos anos foi madurando esta idea ante a perspectiva de corrixir a dirección que tomou a universidade compostelá. Maite Flores, catedrática de Óptica, recibe a Galiciapress no seu despacho para responder a cuestións como o acordo para descentralizar o grao de Medicina, os mecanismos que pode empregar a USC ante o problema da vivenda en Santiago e Lugo ou a polémica polo seu cesamento á fronte da Comisión Interuniversitaria de Galicia, onde valorou o traballo feito durante a súa presidencia, especialmente polos resultados obtidos polos estudantes nas últimas probas de acceso ao ensino universitario.