Inaugurada en Nova York a mostra do escultor Manolo Paz 'A Distancia que Une'
A mostra conta con dez escultura do artista. Trátase dun conxunto de pezas que renden homenaxe aos anos que Paz estivo a vivir e traballando en Nova York e que inclúe obras como Catedrais, unha escultura elaborada en pedra cuarcita, que se vincula simbólicamente cos rañaceos da cidade
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou en Nova York a mostra 'A distancia que une' do escultor Manolo Paz, unha iniciativa que abre unha xanela "para divulgar e proxectar a cultura galega no exterior na antesala do Xacobeo 2027".
Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, López Campos remarcou que Manolo Paz é un dos escultores "máis singulares" da escena artística galega polo que resulta o "mellor embaixador" para dar mostra da Galicia Calidade e atraer o interese do turismo internacional.
A mostra conta con dez escultura do artista. Trátase dun conxunto de pezas que renden homenaxe aos anos que Paz estivo a vivir e traballando en Nova York e que inclúe obras como Catedrais, unha escultura elaborada en pedra cuarcita, que se vincula simbólicamente cos rañaceos da cidade.
Neste sentido, o conselleiro indicou que a zona da exhibición, Park Avenue, é unha "enorme oportunidade de promoción da cultura galega e do territorio".
Tamén, o representante da Xunta fixo fincapé na importancia que terá tamén esta iniciativa para o turismo, ao facilitar que os cidadáns e visitantes desta cidade poidan coñecer "o talento artístico de Galicia e espertar así o seu interese polo resto da riqueza que poden atopar na nosa Comunidade e que poderán descubrir durante a celebración do Xacobeo".
Escribe o teu comentario