Aparece sen vida o corpo dun home no Concello de Cenlle
As forzas da orde e os forenses traballan para esclarecer as circunstancias do suceso
Os servizos de emerxencia acharon o corpo sen vida dun home nunha zona de monte situada na parroquia de Osmo, en Cenlle. As forzas da orde e os forenses traballan para esclarecer as circunstancias do suceso.
Tal e como indicou o 112 Galicia, pouco antes das 16.50 recibiu o aviso a través dun familiar da ausencia do implicado.
A continuación, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil, o GES de Rivadavia e o persoal do distrito forestal da zona, dependente da Consellería de Medio Rural.
Finalmente, o operativo de procura terminou coa localización da persoa falecida.
Escribe o teu comentario