Universidade de Santiago de Compostela

M. J. López Couso: "O de Medicina era o mellor acordo, dadas as circunstancias"

María José López Couso acode á carreira polo reitorado da Universidade de Santiago de Compostela despois de ser a última vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional durante o mandato de Antonio López ou decana da Facultade de Filoloxía. López Couso enfronta a recta final da campaña na candidatura de 'Ti é a peza que falta' tratando asuntos como o acordo para a descentralización do grao de Medicina, a proposta para impulsar un orzamento participativo ou o problema da vivenda en Santiago e Lugo, unha cidade onde expón a necesidade de dinamizar en ámbitos como a cultra eu o deporte. 

Maite Flores: "Non podemos estar coa espada de Damocles de UDC e UVigo por Medicina"

A decisión de María Teresa Flores Arias de postular a ser a futura reitora da USC non se tomou "dun día para outro", senón que nos últimos anos foi madurando esta idea ante a perspectiva de corrixir a dirección que tomou a universidade compostelá. Maite Flores, catedrática de Óptica, recibe a Galiciapress no seu despacho para responder a cuestións como o acordo para descentralizar o grao de Medicina, os mecanismos que pode empregar a USC ante o problema da vivenda en Santiago e Lugo ou a polémica polo seu cesamento á fronte da Comisión Interuniversitaria de Galicia, onde valorou o traballo feito durante a súa presidencia, especialmente polos resultados obtidos polos estudantes nas últimas probas de acceso ao ensino universitario. 

Alba Nogueira: "Con ou sen competencia, a facultade de Medicina está en condicións de ser a referencia"

María Dá Alba Nogueira López recibe a Galiciapress no seu despacho horas despois de reunir coa alcaldesa de Santiago de Compostela, coa que compartiu as liñas mestras da súa proposta na carreira por ser a próxima (e primeira) reitora da Universidade de Santiago de Compostela. A catedrática en Dereito Administrativo conversa con este diario sobre asuntos que van desde o acordo para a descentralización do grao de Medicina até o problema da vivenda en cidades como Santiago e Lugo, onde proxecta grandes plans para o campus lucense. 

Rosa Crujeiras: "Parece que no acordo por Medicina cedemos todos, pero non é así"

Rosa Crujeiras leva anos preguntar como e por que as cousas son como son na Universidade de Santiago de Compostela. Dese tempo de reflexión e análise nace a súa candidatura ao reitorado da USC, onde cre que falta "un maior e mellor posicionamento institucional". Catedrática no departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Crujeiras atende a Galiciapress para ofrecer a súa visión sobre o acordo para a descentralización do grao de Medicina, a irrupción da universidade privada no sistema galego ou como a crise da vivenda afecto tanto aos estudantes como aos docentes e investigadores da universidade compostelá, entre outros asuntos.

Viaqua e a USC seguirán vixiando o covid nas augas residuais de Santiago ata primavera, polo menos
A Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Viaqua seguirán colaborando no seguimento da incidencia da covid na capital galega a través da detección do virus Sars-CoV-2 nas augas residuais.
Universitarias irán a clase vestidas de home para render homenaxe á pioneira Concepción Arenal
As alumnas da USC acudirán a clase este xoves, día 30, vestidas con indumentaria masculina para renderlle homenaxe á escritora ferrolá Concepción Arenal, a primeira muller en asistir a unha universidade española e que tivo que facerse pasar por home para acudir a clase.
Posibles enchufes de profesores de Medicina na USC, denuncia a Asociación de Médicos de Familia
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) tachou de "interesados" os criterios de selección que establece o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para conseguir unha praza de profesor asociado desta especialidade na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Este é Paul, o bebé neonato simulado creado en Galicia e que é o "máis avanzado do mundo"
Tamén incorpora novos equipos "hiperreales" para que os alumnos practiquen en cuestións como facer anestesias ou colocar catéteres
Investigadores da USC protestan contra as "incumprimentos" da Universidade
A Asemblea de Investigadoras de Compostela convocou unha concentración para este xoves, ás 11,30 horas ante a rectoría de Santiago, para protestar contra "incumprimentos" da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Descubertos novos mecanismos implicados na aparición do Párkinson

Proba que os receptores de anxiotensina derivan en disfunción mitocondrial, envellecemento celular e desenvolvemento da enfermidade


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE