Viaqua e a USC seguirán vixiando o covid nas augas residuais de Santiago ata primavera, polo menos
A prórroga do novo acordo confirma a utilidade da tecnoloxía do Grupo Agbar incorporada pola empresa galega xestora de augas, que empezouse a aplicar a principios deste ano.
Laboratorio del grupo Agbar, matriz de Viaqua, nunha foto de arquivo
A Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Viaqua seguirán colaborando no seguimento da incidencia da covid na capital galega a través da detección do virus Sars-CoV-2 nas augas residuais.
O Executivo galego ha autorizado a primeira addenda ao convenio entre a Administración autonomía, a través da Consellería de Sanidade, a empresa pública Augas de Galicia, a USC e Viaqua, para a realización conxunta do proxecto de I+D+i de seguimento da incidencia da covid en Santiago a través da súa incidencia en augas residuais.
A Xunta destacou que se trata dun convenio colaborativo no que as catro partes seguirán achegando medios económicos ou de persoal para conseguir un coñecemento que se pon ao servizo da cidadanía.
CATRO MESES MÁIS
O equipo de traballo considera que a vixilancia nas augas residuais é de utilidade como sistema de alerta temperá ante posibles brotes ou aumento da incidencia acumulada.
O convenio inicial termina o 31 de decembro deste ano, polo que se prorroga a súa vixencia, por un prazo de catro meses, ata o 30 de abril de 2022. Para tal efecto, o Executivo galego destina un total de 11.616 euros repartidos a partes iguais entre a Consellería de Sanidade e Augas de Galicia.
Escribe o teu comentario