A que galegos indulta máis o Goberno? 559 recibiron o perdón nos últimos anos e non son políticos


Ladróns e toxicómanos son as persoas que máis se beneficiaron das medidas de graza dos diferentes executivos nas últimas dúas décadas. Pola contra, os gobernos foron moi remisos a perdoar delitos relacionados coa política, polo menos en Galicia, o que en teoría resta posibilidades ao indulto solicitado polo funcionario condenado polo enchufe da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra.


|

Ladróns e toxicómanos son as persoas que máis se beneficiaron das medidas de graza dos diferentes executivos nas últimas dúas décadas. 


Pola contra, os gobernos foron moi remisos a perdoar delitos relacionados coa política, polo menos en Galicia, o que en teoría resta posibilidades ao indulto solicitado polo funcionario condenado polo enchufe da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra.


Adicciu00f3n á heroina

O consumo de alcol e de heroína (na foto) empuxan a moitas persoas para delinquir - Pixabay



O Goberno de España concedeu 559 indultos a persoas de Galicia desde 1999. O tipo delito  que máis perdoou o Executivo na autonomía é o de contra a saúde pública, que inclúe o tráfico de drogas. 


En concreto, houbo 143 indultos por delitos contra a saúde pública. Outra das categorías con máis perdóns é a dos roubos, con 114. Son dous crimes a miúdo relacionados, pois   toxicómanos son condenados tanto por trapichear e  por roubar ou furtar para soster a súa adicción.


PERDÓN A UNHA PARRICIDA

Noutros delitos máis graves, os indultos son moito menos frecuentes. Por exemplo, neste período de 22 anos só houbo catro indultos por homicidio. Deses catro, só un foi por un homicidio consumado, as outras tres foran penas por planificalos ou por homicidios imprudentes. A única homicida absolva foi unha parricida condenada en 1992 e perdoada oito anos despois.  


Así se pode comprobar en un buscador de indultos que acaba de difundir a plataforma de transparencia . A base de datos aliméntase das publicacións dos perdóns no BOE.


NON SE PERDONDA A POLÍTICOS

Uns dos aspectos máis polémicos dos indultos son os perdóns de delitos relacionados coa Administración Pública. Non é de estrañar, pois non deixa de ser unha Administración que perdoa o dano contra outra. Ademais, moitas das condenas desta categoría teñen unha vertente claramente política.


Nestas dúas décadas, o Goberno concedeu 9  absolucións en delitos contra a administración pública.  O último, en 2000, cando foi perdoada a que fose loteira de Rábade, condenada en 2008 a tres anos de cárcere por quedar con parte da liquidación dos sorteos. 


En total, no período analizado, houbo 7 perdóns do delito de malversación. As outras dúas grazas foron a funcionarios, un deles policía, que falsearon ou permitiron falsear documentos.


Non houbo ningún indulto por prevaricación, suborno, tráfico de influencias e ordenación do territorio, os que están máis frecuentemente asociados á corrupción na política.


Funcionario do Concello de Vigo condenado polo 'enchufe' da cuu00f1ada da presidenta provincia Carmela Silva que pediu recentemente un indulto

Arquivo - Acusados polo 'enchufe' da cuñada de Carmela Silva durante o xuízo. O exfuncionario do Concello de Vigo, Francisco Javier G.Ou., pediu recentemente o indulto parcial tras ser condenado por  a varios anos de prisión polos delitos de prevaricación, malversación e falsidade/EP


Así que os políticos galegos condenados parecen que teñen case imposible conseguir un perdón, algo que contrasta coa dilixencia dos perdóns aos políticos cataláns do procés.


Da análise da base de datos percíbese que hai outros delitos que ningún Executivo parece disposto a esquecer, dado o escándalo social que supoñería. Por exemplo, en máis de vinte anos non se concedeu ningunha graza para condenados por incendios ou por delitos contra a liberdade e indemnidad sexual.


AGORA SE INDULTA MOITO MENOS

A mala prensa que, en xeral, teñen os indultos déixase sentir na súa evolución temporal. No últimos seis anos só concedéronse 9 indultos cando huno anos, como en 2000, nos que se chegaron a conceder 88. 


O ano pasado o Goberno indultó a tres persoas,  que cometeran un furto, o roubo de vehículo e lesións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE