Ladróns e toxicómanos son as persoas que máis se beneficiaron das medidas de graza dos diferentes executivos nas últimas dúas décadas. Pola contra, os gobernos foron moi remisos a perdoar delitos relacionados coa política, polo menos en Galicia, o que en teoría resta posibilidades ao indulto solicitado polo funcionario condenado polo enchufe da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra.